A Corporación do Carballiño aproba o recoñecento extraxudicial de facturas dos últimos 11 anos por importe total de 383.575 euros

13, Marzo 2012

O Concello do Carballiño deberá remitir ao Ministerio de Facenda antes do 31 do actúal mes de marzo un plan de viabilidade para devolver este diñeiro que agora adiantará o Estado, e que as empresas cobrarán directamente nas entidades bancarias.

O concello carballiñés terá 10 anos para devolver este diñeiro, polo que pagará un xuro do 5%. Finalmente, foron 49 facturas, que suman un importe total de 383.575,13 euros. Esta cantidade é notablemente superior á que estaba contemplada inicialmente, ao engrosar este expediente de recoñecemento extraxudicial  aprobado polo pleno corporativo as facturas presentadas pola empresa que xestionou a Recadación Municipal entre os anos 2001 ao 2007, que suman un importe de 182.000 euros.

O expediente, que agora será remitido ao Ministerio de Facenda, foi aprobado cos votos a favor do Partido Popular e PSdG, e a abstención da concelleira do BNG.