Fumega certifica que "o pacto de goberno no concello goza de boa saúde" e anuncia investimentos por máis de 30 millóns de euros no Carballiño para este mandato.

O alcalde Fumega pasou polos estudos de COPE O Carballiño para repasar a actualidade municipal e responder ás preguntas da audiencia.
O rexedor municipal avanzou unha modificación de crédito que deberá aprobarse nun dos próximos plenos da corporación que ascende a 900.000 euros, para financiar distitnos proxectos no concello do Carballiño.
Fumega asegurou que o pacto de goberno entre PSOE e PP goza de boa saúde e que está sendo beneficioso para O Carballiño, e proba delo -dixo- serán os máis de 30 millóns de euros que se investirán en proxectos claves para O Carballiño durante este mandato municipal.
O alcalde admitíu que "a dia de hoxe hai un noventa por cento de posibilidades" de que non vai presentarse á reelección á alcaldía en 2027, e tamén comentou sobre outros asuntos da actualidade municipal.
Podes escoitar a intervención íntegra do alcalde no PODCAST de COPE O Carballiño: