A I Andaina Saudable celébrase este domingo 19 en Boborás, dentro do proxecto Concellos Saudables

13, Xullo 2009

(Redacción. Belén González) O Concello de Boborás celebra a súa I Andaina Saudable este vindeiro domingo día 19 gracias ó proxecto Concellos Saudables 11. Esta actividade terá lugar no Pavillón Municipal a partir das 10 da mañá e contará con dous percorridos: o primeiro constará de oito quilómetros e o outro será de quince quilómetros. Antes de comezar a andaina, os participantes recibirán un avituallamento saudable que terá un sandwich, unha froita, unha barriña enerxética e un auga. A cada persoa faráselle unha proba de valoración da súa saúde física ó rematar e para finalizar a partir das seis da tarde terá lugar unha actuación de títeres a cargo do grupo "Seisdedos". Tódolos que desexen participar téñense que apuntar na casa do concello. Esta actividade está patrocinada por Barreras de Seguridad S.L. e organizado pola Xunta de Galicia, Programa Pasea e Concellos Saudables.