Indignación na Comparsa do Irixo: A Garda Civil imponlle unha multa de 1.500 euros por infracción de tráfico

28, Febreiro 2012

Os responsables da comparsa "As Monarcas do Irixo" aseguran que contaban cun permiso de transporte especial para os dias nos que tiñan previsto desplazarse nas pasadas celebracións do antroido.

Non obstante, a Garda Civil interceptou no Carballiño á comitiva cando regresaban o pasado sábado de piñata da vila de Celanova, na rotonda da Fontela atoparonse cunha patrulla da Garda Civil, que os seguiron e á altura da rotonda da Casa Azul pedironlle a documentación dos vehículos, impoñendolle unha multa de 1.500 euros "por transitar pola via pública con vehículos non autorizados", 500 euros polo vehículo tráctor e outras duas multas cada unha por importe de 500 euros por cada unha das carrozas.

 Pese a explicarlle aos axentes que se trataba dun desplazamento programado que formaba parte da festa do antroido, a Garda Civil "non atendeu razóns e calcounos 1.500 euros, asi sacanlle as ganas a calquera, con este tipo de actitudes acaban có antroido, se lle fan falta cartos que os saquen de outra maneira pero non así", manifestaron a esta emisora de radio os comparsitas, moi disgustados coa actuación da Garda Civil.