José Manuel Prado Prado, un carballiñés nos xogos paralímpicos Londres 2012

24, Agosto 2012

O deportista paralímpico carballiñés é un dos 13 seleccionados pola Federación Española de Deportes Paralímpicos para representar a España na competición de Boccia.

José Manuel Prado Prado convirtese asi no primeiro deportista carballiñés da historia en participar nunhos xogos paralímpicos, o seu debut en Londres 2012 será o domingo 2 de setembro na competición por equipos, e o dia 5 de setembro na competición individual, asi que o paralímpico carballiñés terá unha doble oportunidade de optar a medalla.

Antes de viaxar a Madrid, onde se incorpora á delegación española, José Manuel Prado agradeceu en COPE O Carballiño o apoio "do Carballiño durante todo este tempo, no concello permitironme adestrar no pavillón de deportes, O Carballiño sempre se portou moi ben conmigo e lévome a Londres unha bandeira na que moitos amigos escribiron e asinaron as súas frases de dádome ánimos".

O Concello do Carballiño recoñeceu na última edición da Gala do Deporte Carballiñés a José Manuel Prado como "o mellor deportista do ano".