Máis de 1.500 visitas no Parque Etnográfico do Arenteiro durante a Semana Santa. O tirón do AVE incrementou a ocupación hoteleira, cunha ocupación do 90%, según os datos da concellería de turismo.

12, Abril 2023

O Carballiño segue gañando atractivo, según se pon de manifesto no balance turístico da Semana Santa que se fai dende a concellería de turismo do concello carballiñés.

Despois dun verán de récord no que se refire a visitantes polo estreada declaración da Festa do Pulpo como celebración de interese turístico internacional, esta Semana Santa a ocupación hoteleira alcanzou o 90%, según os datos do propio concello do Carballiño.

Tamén a hostalería tomou impulso polas boas temperaturas rexistradas e a ampla programación cultural e relixiosa. Cómpre destacar o interese que espertaron as visitas guiadas que se realizaron no Carballiño nos días grandes da Semana Santa e nas que o pulpo foi o gran protagonista. O número de visitantes tamén sufriu un aumento polo tirón do AVE á provincia de Ourense, xa que foron moitas as persoas que chegaron de puntos como Madrid e Castela.

As cifras tamén foron especialmente boas no Parque Etnográfico do Arenteiro, que rexistrou máis de 1.500 visitas, según os datos municipais, e procedentes de diferentes puntos do territorio nacional. Trátase dun dos grandes atractivos do Carballiño, localizado nun lugar único, no que nun radio de 200 metros, atópase a Fábrica de Papel, a Pena dos Namorados, o parque do Carballiño, a piscifactoría, o cámping, a Residencia do Tempo Libre ou mesmo unha estación meteorolóxica, ademais de dous restaurantes.

"Concertos, cine e diferentes propostas culturais organizadas polo Concello contribuíron a que a vila rexistrase milleiros de visitantes durante a Semana Santa. A maioría deles pernoctaron no concello, impulsando a economía local", remarcan dende a institución municipal carballiñesa.