Manuel Cerdeira elixido como novo alcalde do Irixo, tras o falecemento do seu antecesor Manuel Penedo

12, Agosto 2019

A corporacion municipal do Irixo celebrou o pleno extraordinario convocado para dar conta de forma oficial do falecemento do alcalde Manuel Penedo, toma de posesión do novo concelleiro que agora ocupa a vacante deixada na corporación polo finado, asi como a elección de novo alcalde.

Non houbo ningunha sorpresa, e tal como estaba previsto foi elixido como novo alcalde do Irixo Manuel Cerdeira, ata agora e dende fai anos primeiro tenente de alcalde.

O novo rexedor municipal recibíu os seis votos do Partido Popular, mentres que os tres concelleiros do Partido Socialista abstiveronse nesta votación.

A emotiva sesión abríuse gardando un minuto de silencio en recordo de Manuel Penedo, alcalde do Irixo durante 32 anos, falecido o pasado dia 2 deste mes de Agosto.