Mil comparsistas desfilarán este martes de entroido polas rúas do Carballiño, nun concurso no que repartiránse 6.000 euros en premios

24, Febreiro 2020

O Concurso do Martes de Entroido congregará a unha vintena de comparsas e a máis de mil persoas, que fesfilarán polas rúas céntricas da vila a partir das 5 da tarde.

O desfile partirá da rúa Otero Pedrayo e transcorrerá polas rúas Conde Vallellano, Xullo R. Soto, Calvo Sotelo e Rúa do Paseo.

Máis de 6.000 euros en premios serán entregados ao remate do desfile, no escenario da orquestra La OcaBand, que animará a verbena a partir das 7 da tarde na Praza Maior.

Ademais das comparsas que optan ao premios, desfilarán como invitadas dúas das comparsas máis representativas da provincia de Pontevedra, e que cada ano sorprenden polas súas escenografías, como son Os 100 Tolos e Os da Caña.

Pola mañá haberá animación de rúa a cargo deo grupo de música tradicional Feitizo de Pau, e ás 12,30 h., haberá exhibición de baile pola Escola Municipal de Danza.