O BNG anuncia que non asistirá nin as comisións informativas nin á Xunta de Portavoces como medida de protesta polo "ninguneo do grupo de goberno"

9, Marzo 2018

Asi o anunciaron nunha comparecencia ante os medios a concelleira Sofía García e o concelleiro e portavoz municipal Chema Ferreiro.

Os nacionalistas afirman "estar fartos dos enganos do grupo de goberno, que sistematicamente incumpren unha e outra vez os acordos do pleno",  e como exemplo puxeron o incumprimento do acordo plenario para a remunicipalización de servizos "esta mesma semana soubemos da nova licitación para o contrato da recadación para os próximos dous anos", recordou Ferreiro.

O portavoz do BNG tamén se referíu ás "desavencias entre o propio grupo de goberno do PSOE, desavencias que son de dominio público -lévanse a matar entre eles- e eso incide negativamente no traballo e a xestión diaria no concello", asegurou Chema Ferreiro.

Engadíu, ademáis que "é o momento de que a oposición -que somos maioria na corporación- se faga valer", e como medida de protesta ante o propio grupo de goberno anunciou que o BNG deixa de asistir tanto ás comisións informativas como ás convocatorias da Xunta de Portavoces porque "so nos chaman cando hai un problema", dixo.