O BNG cualifica de "imprudencia temeraria" a situación do servizo municipal de emerxencias

19, Xaneiro 2015

O BNG carballiñés manifesta a "preocupación e malestar pola situación na que se atopa o servizo de emerxencias do concello do Carballiño, xa que a partir deste martes 20 de xaneiro os voluntarios deixan de facer gardas".

Ata o pasado dia 31 de Decembro o concello carballiñés tiña contratados 12 traballadores, un servizo que se financiou a trávés do plan de cooperación "e agora quedámonos sen un servizo tan necesario par a cidadanía do Carballiño".

Engaden os nacionalistas que esta situación "pon de manifesto o liderazgo do alcalde do Carballiño, e sen querer ser alarmistas acusamos ao Partido Popular e ao seu alcalde de imprudencia temeraria".

Por último, desde o BNG critican "os imcumprimentos do Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, xa que afirmou en varias ocasións  que o parque de bombeiros estaría en funcionamento no ano 2014".