O Carballiño conserva unha tradición de 71 anos

20, Setembro 2015

O parque municipal do Carballiño acolleu este domingo a 71 edición do Concurso Comarcal do Gando da Raza Rubia Galega, que fora suspendido o pasado dia 15 por causa do mal tempo.

Desta vez, a colaboración da meteoroloxía cunha soleada maña de domingo, favoreceu a celebración dunha actividade que reuníu aos mellores exemplares da raza rubia galega da comarca, que foron admirados por numeroso público, curiosos e ata familias con cativos, que se achegaron ata o recinto do parque.

Un concurso que se mantén, fundamentalmente, grazas a presenza dos gandeiros de Piñor e Cea. A Deputación desplazou, fora de concurso, dous sementais reproductores, que superan os mil kilos de peso, e despertaron o interese de nenos e maiores.

O concurso está organizado pola concellería do medio rural do concello do Carballiño, e rematou coa entrega de premios e un xantar de confraternidade celebrado no mesmo parque municipal.