O Carballiño, con 7 casos, e Cea con 1, únicos concellos con contaxios activos. A menor incidencia na comarca dende os inicios da pandemia.

25, Abril 2021

Os datos facilitados por Sanidade neste domingo 25 de Abril reflicten a situación estacionaria das últimas semanas, a Comarca continúa mantendo a raia ao coronavirus.

O Carballiño, que ten 7 contaxios activos, e San Cristovo de Cea con 1 caso, son a dia de hoxe os dous únicos concellos da comarca afectados polo Covid, xa que o resto de municipios permanecen limpos de virus. Trátase da menor incidencia na comarca dende os inicios da pandemia.

Piñor, O Irixo, Boborás, Beariz, Punxín, San Amaro e Maside non teñen casos activos, tampouco os concellos de Leiro e Avión.