O Carballiño pasa de vermello a laranxa por vez primeira no Semáforo Covid: entre 7 e 14 novos contaxios nos últimos 7 dias.

7, Novembro 2020

Por vez primeira dende que no pasado mes de Outurbo a Xunta puxo en marcha esta ferramenta para  informar da incidencia do coronavirus en todos os concellos galegos, O Carballiño deixa a cor vermella, que é a de máxima alerta, e sitúase en cor laranxa, a 7 dias vista, o que reflicte o nivel 2 de alerta, ou o que é o mesmo, que se declararon entre 7 e 14 contaxios durante a última semana.

O resto dos concellos da comarca están en cor verde, nivel 0 de alerta, mentres que no Ribeiro continúa en vermello Ribadavia, que con 77  contaxios activos neste sábado dia 7 de Novembro supera a O Carballiño, que nesta última actualización de Sanidade quédase en 59.