O Carballiño perde 202 afiliados á Seguridade Social dende que se declarou o estado de alarma, a caída interanual de cotizantes é xa do 9,4%.

15, Maio 2020

As afiliacións á Seguridade Social caen en picado no concello do Carballiño, o sistema perde un 5% de cotizantes nos últimos dous meses, dende que se declarou o estado de alarma o municipio perdeu 202 afiliados, unha cifra que non inclúe aos traballadores afectados por expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE).

O dato aínda é moito peor se o comparamos cun ano atrás, en termos interanuais, xa que dende Abril de 2019 O Carballiño perdeu 401 traballadores activos no municipio, o que representa unha caída do 9,4% no último ano.

En Abril de 2019 O Carballiño contaba con 4.296 cotizantes activos, e agora son 3.895, actualiiiizados os datos con referencia a 30 de Abril pasado.