O concello anuncia a execución de diversas obras de mellora no ámbito urbano e rural

5, Maio 2014

As actuacións son financiadas con fondos municipais ou ben por medio de convenios coas consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras.

A partir deste martes 6 de Maio comezan as obras na praza da Alameda do Carballiño, que consistirán na reposición da empedrada en toda a rúa Alameda, así como o lousado da zona peonil. Para iso, dende o luns, cortouse o tráfico na citada rúa. Corte que permanecerá mentres duren as obras.

 Inclúese neste proxecto municipal a conversión das fontes piramidais da praza en bancos, con xardineira na súa parte traseira, onde nun inicio había auga. Así mesmo limparase o monumento do Munten, situado na praza do Emigrante, e repoñerase o recubrimento do estanque que o rodea.

Tamén comezaron as obras incluídas no plan marco asinado da consellería de medio Rural para mellora de camiños de titularidade municipal, e no que se van investir no municipio do Carballiño máis de 50.000 euros. Os proxectos incluídos neste plan marco son o afirmado dos accesos a Mosteiro- Paradela, Mesego-Corrredoira, Mesego- Corval, Sagra-Fraga, Gouxiña e Señorín.

Por outro lado o edil de Obras Magin Daparte mantivo unha reunión co responsable de servizo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, para iniciar a formulación da obra de mellora da avenida de Julio Rodríguez Soto, Rotonda da Alameda, Conde Vallellano e Martínez Avellanosa.

Finalmente, o concello do Carballiño anuncia para os próximos dias a licitación da obra de mellora na rúa Alberto Vilanova, que inclúe a construcción da beirarrúa da marxe dereita no tramo entra a rúa Carreira e o centro de saúde, cun investimento de 50.000 euros.