O concello de Piñor executa obras de mellora en camiños que "levaban 15 anos sen mantemento", afirma o alcalde José Luis González

2, Outubro 2018

O Concello de Piñor ven de iniciar as obras de pavimentación correspondentes ao Plan de Mellora de Camiños 208-2019.

As actuacións que se encadran neste proxecto son a mellora dos camiños de acceso ao núcleo de A Folgosa e Eirexe das parroquias de A Canda e Torcela respectivamente; e a mellora do camiño no lugar de Moire.

As vías son todas elas de titularidade municipal e atópanse co firme moi deteriorado causado polo uso continuado durante moitos anos e polas raíces das árbores que se atopan ás marxes. As melloras dos camiños consisten na pavimentación do firme con doble e triple rega asfáltica e limpeza das cunetas para evitar que a auga deteriore o pavimento.

Estas actuacións segundo o Alcalde de Piñor José Luis González “son imprescindibles posto que melloran a calidade dos accesos a estes núcleos que na actualidade eran moi deficientes polo estado actual dos firme que levaba máis de 15 anos sen que tiveran ningún tipo de mantemento. É unha obriga como Alcalde ter os mellores accesos aos nosos pobos, e temos invertido moito con esforzo e traballo; dende que accedín a Alcaldía para que isto sexa así. Con elo contribuímos a que os os pobos non queden despoboados e poñendo os medios para que non sexa unha traba vivir no rural.”

As actuacións encadradas no Plan de Mellora de Camiños 2018-2019 teñen un importe de 41.710,62 € IVE engadido; financiadas pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Rural.