O concello deberá resolver a modificación urbanista solicitada pola propiedade da extinta Emben, cunha superficie de máis de tres hectáreas en Seoane

27, Novembro 2019

Trátase dunha parcela cunha superficie de 33.000 metros cadrados, que se localiza na parroquia de Seoane, entre a antiga estrada de Cea que atravesa a aldea e na estrada do Eixo do Ribeiro.

Nesta parcela localizanse dúas grandes naves que acolleron distinta actividade industrial dende os anos 70 do século pasado, coa histórica TANOSA que se dedicaba á producción de taboleiros de madeira aglomerados ata a máis recente de EMBEN, que fabricaba pretensados de formigón e que cesou na súa actividade despois de rematadas as obras do AVE.

En 2009 entrou en proceso concursal de acreedores, e a sociedade declarouse como extinguida tras completarse o procedemento concursal.

A pesar da actividade industrial que se desenvolveu durante tantos anos, a parcela está catalogada como de solo rústico, agora os seus actúais propietarios solicitan do concello do Carballiño que proceda a súa regularización no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para que sexa catalogada como de solo industrial, e proceder a súa legalización dacordo coa Lei do Solo de Galicia.

A regularización urbanística que agora debe aprobar o concello do Carballiño abre novas posiblidades ao futuro uso desta parcela no ámbito industrial e comercial.