O Concello do Irixo abandona a Mancomunidade Comarcal de Concellos

25, Setembro 2012

O Grupo de Goberno do Partido Popular do Concello do Irixo decide abandonar a Mancomunidade do Carballiño.

A decisión foi comunicada e aprobada no pleno  municipal deste municipio, tras unha proposta presentada polo Partido Popular, que conta con 8 dos 9 concelleiros que integran a corporación deste concello, o acordo colleu de sopresa ao único concelleiro da oposición, o socialista Javier Rodríguez.

O acordo plenario recolle que o Concello do Irixo causará baixa na Mancomunidade de Concellos do Carballiño, que preside o Alcalde de Beariz, con data do vindeiro 1 de xaneiro de 2013. O Alcalde, Manuel Penedo, xustificou esta decisión no alto coste que ten para o municipio os servizos que recibe da entidade intermunicipal.

Tras a retirada do Irixo, tan so 4 concellos continuarán na Mancomunidade, os de Beariz, San Amaro, San Cristovo de Cea e Boborás.