O Concello trasladará a nave de Protección Civil e restituirá a legalidade urbanística na estación de ferrocarril

27, Setembro 2011

Asi o anunciou o Alcalde, Argimiro Marnotes, o goberno municipal do Partido Popular proxecta o traslado das instalacións de Protección Civil, na actualidade sitas a carón da estación de Renfe, para ubicalas no "campo da feira de Framia", que xa hai anos perdeu o seu uso como tal, hai moito tempo que xa no acude gando a este lugar, no que únicamente se mantiña a tradición do xantar da feira, un servizo que precisamente se prestará por derradeira vez este vindeiro dia 30 de setembro. Trátase -explicaba Marnotes- de solo de uso dotacional, e no que existen varias dependencias que foron construidas nos últimos anos polo concello e que en opinión do Alcalde se adaptan ás necesidades da Agrupación de Protección Civil.

Marnotes tamén confirmou que se pretende trasladar a nave "que foi construida en zona verde e da que en varias ocasiós se falara da necesidade de trasladara pero nunca se fixo, a estructura é desmontable e polo tanto poderáse levar". Desta maneira, restituiráse a legalidade urbanística nesta zona, desmantelando esta nave que causara gran polémica na vida municipal cando fora construida polo anterior goberno socialista.