O coronavirus paraliza a actividade das brigadas municipais de Obras e Medio Ambiente, 25 traballadores en cuarentena

8, Febreiro 2021

A confirmación dun caso positivo por coranavirus dun traballador municipal do concello do Carballiño obriga a paralizar a actividade nos departamentos de Obras e Medio Ambiente.

Son 25 os traballadores adscritos a estes dous departamentos e doutros que son contacto estreito, polo que activouse o protocolo sanitario correspondente, están todos eles á espera de someterse as probas PCR e deberán gardar cuarentena durante 10 dias. Tamén unha concelleira con responsabilidades nestas áreas municipais do concello carballiñés.

O alcalde Francisco Fumega confirmou en COPE O Carballiño que a situación obriga a suspender toda a axenda prevista nas concellerías de Obras e Medio Ambiente "polo menos durante dúas semanas",subliñou. O concello leva a cabo traballos de desinfección nas dependencias municipais que utilizan os traballadores afectados.