O espectáculo "Camiñantes e cantantes" de la Oca Band, actividade estelar para o 17 de Setembro, dentro do programa do San Cibrao, que ofrecerá outras actuacións musicais e infantís.

8, Setembro 2021

A evidente mellora da situación epidemiolóxica leva ao concello do Carballiño a organización de diversas actividades que terán lugar durante a semana que ven, coincidindo cos dias de tradición festiva no Setembro carballiñés, cando se celebran cada ano as festas patronais de San Cibrán.

Precisamente para o que será o dia festivo de carácter local no municipio, o venres dia 17, terémos no Carballiño en sesión de tarde o espectáculo "Camiñantes e cantantes", da orquestra La Oca Band, un espectúculo pensado para o ano xacobeo, e no que a formación conta coa colaboración de Manuel Manquiña, Pepo Suevos, Eva Iglesias, Pili Pampín ou Lucía Pérez, entre outros artístas invitados que participan do repertorio que ofrece a orquestra.

Non será a única actividade para un San Cibrao aínda en tempos de pandemia, xa que o concello do Carballiño traballa contra reloxio para programar outros enventos compatibles coa seguridade ante o coronavirus. Asi, terémos outras actuacións musicais e outras máis espefícas para o público infantil, que se desenvolverán tamén nestes dias nos que O Carballiño recupera este ano o ambiente festivo das celebracións na honra do patrón.