O Movemento Rural Cristián de Galicia recoñece a labor do Párroco de Loureiro

10, Maio 2013

Máis de 400 persoas participaron este sábado nun encontro rural no campo da festa da parroquia de Loureiro, como un recoñecemento ao movemento cooperativista que promoveu nesta parroquia o crego Antonio González.

Cada ano, nas datas arredor da festividade de San Isidro, este movemento xuntase alí onde "o rural móvese". Desta vez, elexíuse O Irixo como expresión dun concello rural no que durante o ano pasado levouse a cabo un movemento opositor á instalación dunha incineradora de lixo, e tamén como acto de recoñecemento ao Párroco de Loureiro, fundador da Cooperativa de Santa Mariña de Loureiro.

Coa organización colaborou o Concello do Carballiño, coa instalalación dunha carpa na que xantaron os asistentes a esta xornada amenizaron gaiteiros e músicos do Irixo.

O encontro pretende trasladar a idea de "que o rural galego e a xente que nel reside está vivo" e desenvolveuse baixo o lema "con honradez e dereitos mellorarémos a vida".