O Partido Popular pide explicacións e unha reunión urxente ao "advertir que O Carballiño estivo sen Policia Local na tarde do lúns"

1, Marzo 2016

O grupo municipal do Partido Popular no concello do Carballiño ven de solicitar "unha reunión urxente dos portavoces dos grupos políticos co alcalde, concelleiro de seguridade e e xefe do servizo de Policia Local, co fin de que se nos informe sobre o que está acontecendo con este servizo".

Os populares aseguran que esta petición faise despois "de que este lúns dia 29 de Febreiro fumos advertidos por veciños do pobo de que o servizo de Policia Lcal estivo sen patrulla na quenda da tarde, pois tras reclamar a súa presenza a través do teléfono, comunicouselles que ata as 22 horas non existía axente algún que estivese en disposición de atender incidencia algunha", manifestan.

Considera o Partido Popular que "coa seguridade das persoas non se xoga, coa seguridade das persoas requírese ter un concelleiro que antepoña o servizo diario de atención á veciñanza, ante calquera situación que poida existir dentro do servizo da Policia Local".

Esperan no Partido Popular que esta reunión aclaratoria se convoque canto antes por parte dos responsables municipais.