Os 11 concelleiros que suman PSOE e PP asinan o acordo para gobernar xuntos o concello do Carballiño

19, Xuño 2024

A totalidade dos concelleiros e concelleiras de ambos os dous grupo políticos no concello do Carballiño, os seis edís socialistas e os cinco do grupo popular asinaron o documento que recolle o acordo para gobernar xuntos o concello carballiñés nos próximos tres anos.

Desta maneira, os once concelleiros que suman PSOE e PP no concello carballiñés apoiaron estampando a súa sinatura o pacto establecido entre os dous grupos na corporación municipal.

No pleno extraordinario celebrado esta mañá convocado por Espazo Común para analizar a situación política no concello do Carballiño, Pachi Vázquez tildou de "monaguillos de Fumega" aos concelleiros do grupo popular, e pedíulle a Fumega que presentara a súa demisión para propiciar "un goberno municipal de centro esquerda no Carballiño".

Pola súa parte Fumega ractifiou a validez do acordo pese á desautorización da Executiva do PSdeG, defendo o acordo en clave local "este é un acordo do Carballiño polo Carballiño" e asegurou contar co apoio e autorización do executiva local do PSOE "que é o que me importa", dixo.