Os incendios forestais de Carballeda de Avia e Beade xa superan as 1.400 hectáreas. Entre a zona afectada está o bosque autóctono de Ridimoas.

Activo Carballeda de Avia-Vilar de Condes
Está activo desde as 16:38 horas de venres o incendio no concello ribeirán de Carballeda de Avia, parroquia de Vilar de Condes que, segundo as últimas estimacións, afecta unhas 1.300 hectáreas.
Mobilizáronse para a súa extinción, de xeito acumulado, 1 técnico, 20 axentes, 26 brigadas, 19 motobombas, 2 pas, 6 helicópteros e 5 avións.
Activo Beade-As Regadas Activo
Desde as 18:16 horas do venres o incendio no concello de Beade, parroquia das Regadas, anteriormente situado na localidade de Carballeda de Avia. Este lume entrou no bosque de Ridimoas,que xestiona a Asociación Cultural e Ecolóxica Ridimoas para a defensa e estudo dos bosques autóctonos.
Segundo as últimas estimacións, este lume afecta unha superficie de arredor de 100 hectáreas e está pendente dunha nova estimación. Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 9 axentes, 13 brigadas, 6 motobombas e 1 pa.
Esta información está actualizada ás 9:00 horas do domingo 17 de agosto pola Consellería de Medio Rural.