Os veciños de Maside poderán realizar trámites ante a DGT desde o Concello

4, Febreiro 2010

O Concello de Maside vai asinar coa Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense un protocolo de adhesión ó Convenio subscrito no ano 2006 entre a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e a Dirección Xeral de Tráfico (DGT) para a mutua colaboración administrativa.

Esta colaboración céntrase inicialmente en dous expedientes que se poderán tramitar desde o Concello:

 

  • O trámite de cambio de domicilio no permiso ou licencia de conducir.
  • O trámite do duplicado do permiso de circulación do vehículo ou vehículos do interesado dos que sexa titular.
  • A sinatura deste Protocolo de colaboración leva consigo que os cidadáns poidan realizar estes trámites gratuítos desde o Concello, quen lles ofrece un novo servizo máis, co fin de facilitarlles a xestión.