Pachi Vázquez compromete un plan de choque demográfico para a provincia que inclúe solo industrial a custo cero, bonificacións fiscais para empresas e autónomos e axudas á conciliación e vivenda.

9, Febreiro 2024

O candidato á Xunta por Espazo Común Galeguista, Pachi Vázquez, ofreceu o primeiro mitin desta campaña na súa terra, O Carballiño, acompañado do número dous da candidatura Xosé Manuel Mosquera, tamén veciño da comarca, e de María Quintas.

Baixo o lema “Ourense, a chave de Galicia”, Vázquez defendeu ante os asistentes que encheron a Casa da Cultura, a importancia de que Ourense conte, afirmando que “hai espazo para unha formación galeguista e que defenda os intereses da provincia e que queira cambiar as cousas”.

Explicou que en Ourense “somos os primeiros en ter as pensións mais baixas, os salarios mais baixos, a taxa de natalidade mais baixa, e cada ano temos 3.500 habitante menos, ao producirse mais defuncións que nacementos”. “Esto é un desastre e hai que cambiar”, dixo, e ese é o obxectivo de Espazo Común Galeguista, ocupar o centro esquerda e, no caso da candidatura de Ourense, conseguir que a nosa provincia conte.

Para elo presenta un plan de choque demográfico con cinco medidas: Posta a disposición de solo industrial a custo cero durante dez anos, bonificación fiscal do 50% para as empresas que se instalen na provincia, bonificación fiscal do 50% para os autónomos domiciliados na provincia, conciliación laboral con guarderías gratuitas e un plan de axuda á vivenda”.

Indicou que “mentres outras formacións apostan por seguir facendo cada vez mais xeriátricos, nos queremos xerar oportunidades de emprego para que as familias queiran vivir en Ourense”.

Vázquez pediu o voto a todos aqueles que queren que a Galicia do interior teña voz na Xunta, destacando que un deputado de Espazo Común Galeguista no Parlamento galego pode definir un futuro de oportunidades para Ourense.