Paralizadas as obras de construcción do Parque Comarcal de Bombeiros

26, Marzo 2012

Unhos dias despois de comezadas as obras no pasado mes de febreiro, na parcela sita no parque empresarial do Carballiño, as mesmas atopanse paralizadas desde fai varias semanas.

A requirimentos desta emisora de radio, os responsables da Dirección Xeral de Emerxencias e Protección Civil da Xunta de Galicia rexeitaron facer declaracións para aclarar os motivos da paralización da obra, limitandose a dicir que “os traballos continuaranse próximamente”.

Non obstante, COPE O Carballiño confirmou que a paralización da obra por parte da empresa constructora non obedece a motivacións técnicas, polo que se deduce que recibíu unha orde da administración para parar os traballos, xa principiados. O problema podería ser administrativo, e máis concretamente tería que ver coas aportacións económicas das distintas administracións a este proxecto.

A obra de construcción do edificio para o futuro parque intercomarcal de bombeiros O Carballiño-O Ribeiro foi adxudicada pola Sociedade Pública de Investimentos de Galicia á UTE formada por “Atlántica-Construcciones Tarilonte”, por un importe de 564.971 euros.