A parroquia de Seoane pide a paralización do novo PXOM do concello carballiñés

15, Agosto 2014

Foi no transcurso dunha reunión informativa organizada pola propia asociación veciñal, a totalidade dos asistentes mostraronse contrarios ao borrador da reforma do Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello carballiñés. máis concretamente, no que afecta á parroquia de Seoane.

Os veciños fixeron patente a súa disconformidade non so pola redución do solo urbanizable, que é común a todas as parroquias, senón que ademáis, no caso de Seoane, manifestaron o seu disgusto pola proxectada ampliación do Parque Empresarial atá practicamente os lindes de varias vivendas.

A veciñanza asistente a esta reunión solicitou que a asociación traslade  ás autoridades locais a inmediata anulación do proceso de aprobación do novo PXOM pola "restrición do desenvolvemento urbano dos núcleos da parroquia e a agresividade que suporía a integración da suposta actividade industrial á beira das vivendas de Seoane".

Finalmente, decidiron proceder a recollida de sinaturas que mostren "a oposición frontal e contundente de toda esta parroquia" ao novo proxecto de PXOM.