A proposta partíu do alcalde de Maside, pero so os rexedores de San Amaro e O Carballiño acudiron á reunión que buscaba coordenar unha fronte comarcal contra o coronavirus

11, Abril 2020

A convocotoria foi feita no transcurso da semana a través do teléfono pol alcalde de Maside, José Manuel Iglesias, coa idea de reunir aos alcaldes da comarca do Carballiño e intercambear experiencias, buscar a maneira de compartir medios e deseñar unha fronte intermunicipal para a xestión da crise do coronavirus.

Pero á hora fixada para a convocatoria, ás 12 do mediodia deste sábado, na casa do concello do Carballiño tan so compareceron os rexedores municipais de San Amaro e  O Carballiño, ademáis do promotor da reunión, os tres alcaldes socialistas da comarca.

O alcalde de Maside lamentaba a ausencia do resto dos alcaldes, os seis restantes, todos do Partido Popular , e non disimulaba a súa decepción "é certo que algúns excusaron a súa presenza, pero dous nin xiquera me colleron o teléfono nin tampouco me constestaron despois as chamadas", asegurou.

Os tres alcaldes presentes coincidiron no deficit de material de prevención e protección,  e analizaron a posiblidade de comprar conxuntamente este tipo de material, asi como a posibilidade de compartir servizos entre os concellos, optimizando da mellor maneira posible os recursos dispoñibles.