PSOE e BNG dan plantón a Caamaño e non asisten o pleno extrarodinario da Corporación de Boborás

12, Novembro 2009

As bancadas da oposición, valeiras.

Os catro represantes da oposición na Corporación de Boborás non asistiron o pleno extraordinario celebrado a última hora da tarde. A hora de iniciar a sesión , o Alcalde Cipriano Caamaño amosou a súa sorpresa ante a ausencia, e inmediatameente despois ironizou decindo que "podiamos gardar un minuto de silencio porque a oposición parece que está morta". O pleno celebrouse coa presencia de 6 concelleiros do Partido Popular, faltou ún, suficientes para completar o quorum en primeira convocatoria. A continuación, Caamaño dirixiuse o público presente no salón de actos, defendendo a medida de recortar as iluminacións públicas porque "había un exceso de luces e a maioria da xente estaba dacordo con eesta proposta". A decisión da oposición de non acudir a esta sesión plenaria adiantámola desde esta emisora no programa "A Mañá de Cope". Os catro concelleiros e concelleiras que integran os grupos municipais do BNG e PSOE decidiron non acudir a esta convocatoria. A medida acordouse como sinal de protesta "por non seren atendidas as demandas veciñais e tras declaracións insultantes por parte do Alcalde cara a oposición en distintos medios de comunicación", xustificou a portavoz do BNG Maria Dolores Cachafeiro. A concelleira nacionalista explicou que " a controvertida decisión do Alcalde de apagar a determinadas horas o alumeado público provocou nos veciños e veciñas certa alarma social, que o BNG recolleu e trasladou o Alcalde xa no pasado mes de setembro". Tamén manifestou que, durante este tempo, lonxe de buscar unha solución e reunirse cos grupos políticos, tal como se lle pedía, o Alcalde "lévase prodigando nos medios de comuncicación co único obxetivo de descalificar, e agora atopámonos coa convocatoria dun pleno extraordinario onde nin na orden do día nin no expediente que se lle facilita á oposición figura para nada algún punto onde se trate o tema que está a preocupar verdadeiramente ós veciños de veciñas". Esta decisión de non acudir ó pleno, inicialmente adoptada polo BNG, foi secundada polos concelleiros do PSOE. As bancadas da oposición permaneceron valeiras por primeira vez na historia recente do Concello de Boborás.