Repasamos a actualidade festiva e municipal do concello de Maside no programa especial dos venres de verán en COPE O Carballiño. Escóitao aquí.

18, Agosto 2023

Nova entrega dos especiais dos venres de verán en COPE O Carballiño, desta vez presentado por Lolo Carril desde a casa do concello de Maside, e no inicio dun amplo ciclo festivo e xenuinamente masidao, que abre a Festa do Cabalo no Puzo do Lago esta fin de semana do 19 e 20 de agosto, continuará cos festas de San Vitorio e completaráse o 3 de setembro coa Romaría da Rañoa.

O alcalde José Manuel Iglesias repasa algunhos dos proxectos importantes para este novo mandato municipal, como son o parque empresarial intermunicipal Maside-O Carballiño, a reforma da rúa principal da vila de Maside, ou as actuacións previstas no antigo colexio da Alameda para convertilo nun gran centro cultural e multifuncional.

No programa tamén podemos escoitar a Maria Luisa Rodríguez e Belén Fernández, promotoras das CASAS DO MAIOR de Maside e Dacón, respectivamente, que xunto a usuarias Lina e Fina fálannos do día a día nestas dáus casas do maior que están abertas no municipio.

Tamén coñecemos a Alberto Taboada e o seu proxecto singular como emprendedor turístico no lugar de Manzós, na parroquia de Louredo. Mentres, co arqueólogo Andrés Rodríguez achegámonos á intervención que o concello masidao está promovendo na zona arqueolóxica de Santa Mariña.

O presidente da Coral "A Torre" de Maside, José Manuel Pascual, detállanos o programa do clásico Festival de Corais que cada verán celébrase en Maside, o deste ano será este sábado dia 19 de agosto a partir das 20:00 horas na igrexa parroquial de Santo Tomé de Maside.

E finalmente, Lalo Botana e Enríque López, achegan á audiencia de COPE O Carballiño toda a programación de actividades para esta fin de semana no Puzo do Lago, sábado 19 e domingo 20, con motivo da celebración da 35 edición da Festa do Cabalo de Maside.

Escóitao no audio adxunto: