Rexeitadas as alegacións presentadas ao proxecto da Praza da Veracruz

2, Novembro 2012

Asi o anunciou o concelleiro de obras e urbanismo do Carballiño, Magín Daparte, as alegacións á mellora do entorno da Veracruz serán rexeitadas polo goberno municipal "porque non temos posiblidades orzamentarias para atendelas".

O grupo municipal socialista presentou 4 alegacións, todas elas en forma de proposta para "mellorar a funcionalidade e a estética do lugar", anunciaba o portavoz dos socialistas no concello carballiñés, Paco Fumega.

As aportacións socialistas pretendian o empedrado dos camiños peonís previstos na futura praza, que se executarán a base de xábrego. Ademáis, propoñían a construcción dunha "fonte claustral na parte dereita da Veracruz", tal como xa deseñara no proxecto orixinal o arquitécto Palacios, e tamén a creación dun parque de xogos infantís, que estaría protexido "con árbores e mesas de pedra que permitise crear espazos de sombra".

Ningunha das aportacións serán tidas en conta "xa que para poder introducir estas melloras necesitaríamos renunciar a outras que xa foron contempladas neste reformado do proxecto, neste momento temos que adaptarnos ó orzamento que temos, aínda que non descartamos que cara o futuro poidamos acometer algunha destas melloras", dixo.

Magín Daparte lamentou que "estas propostas cheguen tan tarde e non se presentaran no seu dia cando dese o concello se pretendeu chegar ao consenso social con este proxecto".