Un acordo entre Deputación e Concello facilita o acondicionamento de rúas e camiños

19, Xuño 2012

Comezaron os traballos que se inclúen dentro do acordo ao que chegaron a Deputación e o concello do Carballiño, dirixido principalmente á reparación e mellora de varias rúas e camiños do municipio.

 As primeiras actuacións leváronse a cabo na rúa Serra Martiñá, onde se executaron traballos de tratamento integral do asfaltado, e corrixiuse un problema existente na zona coas augas pluviais, colocando unha nova canalización para recoller estas augas.

Os traballos extendese á rúa Beariz, onde ademais do tratamento integral do asfaltado se está a proceder ao ancheado nalgunhas zonas para mellorar a circulación, tanto de vehículos coma de peóns. Dentro do mesmo acordo coa Deputación vanse levar a cabo outras actuacións nas rúas Leiro, Castelao e Corzos. En todas estas rúas executaranse os mesmos traballos de asfaltado, canalización de pluviais e ancheado onde sexa necesario. Na rúa Castelao executaranse tamén tarefas de rebacheo.

Este acordo coa Deputación consiste en que a institución provincial achega a maquinaria e os operarios especializados nas tarefas concretas a realizar, e o concello achega o material. Co que o concello pode executar unhas obras necesarias, e solicitadas polos propios veciños, a un custo reducido. As obras antes mencionadas non serán as únicas que se executen dentro deste convenio, pendentes só do plan de actuación que propoña o concello e o calendario de actuacións da Deputación