A Xunta financiará con medio millón de euros a mellora da Rúa de Ribadavia, a conselleira Ethel Vázquez e o alcalde Fumega acordaron que sexa o concello quen redacte o proxecto.

12, Xaneiro 2023

A previsión orzamentaria da Consellería de Infraestructuras e Mobilidade para esta obra é de medio millón de euros, a esta cantidade deberá polo tanto adaptarse o proxecto que xa redacta o arquitécto municipal do Concello do Carballiño, según avanzou nesta emisora de radio o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega.

A conselleira Ethel Vázquez comprometeuse ante o rexedor municipal a licitar a obra este mesmo ano, despóis da súa execución a Xunta traspasará a titularidade deste vial a favor do concello carballiñés, tal como se acordou solicitar no pleno da corporación municipal, a instancias dunha proposta presentada polo grupo do Partido Popular.

O tramo no que se levará a cabo esta actuación é o que vai dende o casco urbano do Carballiño ata o cemiterio de Señorín, e incluirá a reposición das canalizacións do abastecemento de agua, saneamento e pluviais, asi como a construcción de beirarrúas das que carece unha boa parte deste vial, que constitúe unha das entradas a O Carballiño.