A Xunta levanta dende este sábado as restriciós de mobilidade e autoriza a reapertura da hostelería no Carballiño

20, Novembro 2020

Tal como se agardaba, a Xunta de Galicia confirmou hoxe que levanta as restriciós que dende fai un mes estaban vixentes no Carballiño como medida de contención da pandemia tras a explosión vírica que sufriu O Carballiño nas primeiras semanas do pasado mes de Outubro. 

Os bos datos epidemiolóxicos que a dia de hoxe presenta  O Carballiño, con 23 contaxios activos e nivel cero de alerta con luz verde no Semáforo Covid (entre cero e sete novos positivos nos últimos sete dias) levaron á Xunta ao levantamento de ambas restriciós, sen dúbida as de máis repercusión na vida social e económica do Carballiño.

Asi pois, dende este sábado O Carballiño pasa a nivel 2, pode saírse e entrar con normalidade no municipio, e ademáis autorízase novamente a reapertura da hostelería, que poderá atender no interior de locais cun aforo do 50% e de ata o 75% en terraza, continúa prohibido o consumo en barra. Poderán reunirse ata un máximo de 6 persoas.