Pablo Lorenzo Fariña

Carta a unha mimosa ( II )

Parece que está definindo o noso Ribeiro, lendo o que nos falan as nosas pedras máis antergas, e que se pode conxugar o viño co teu perfume. Dona Emilia Pardo Bazán, pola contra, relaciona o teu perfume con Madrid  “…las acacias prodigaban su rica esencia…”, “…y el olor fragante de las flores de acacia le parecía el de las silvestres mentas que crecen al borde de los linderos en el valle de Ulloa…”. A ela non lle coincideu estar en Banga e contemplar como as túas flores visten de amarelo o val do río Avia, anunciando luminosas a Primavera.

Carta a unha mimosa

Benamada Mimosa :

            ¿ou prefires que che chame Acacia Dealbata, do xénero Acacia, da subfamilia Mimosaidae ?  Non será cuestión de que sega a subir pola túa árbore xenealóxica,    ó final coincidiríamos en algún protozoo común. Déixame falarche en confianza, xa  que chamándoche Mimosa tamén me podo referir ás túas irmáns, primas e demáis parentes. A frase acaba de sonar como esquela funeraria de pobre, e por desgraza,  ten algo de relación.

Gardar os cartos no colchón

Debo recoñecervos de antemán que esto da macroeconomía supérame, e que non deixa de ser unha osadía pola miña parte meterme neste lío. Pero con tanto falar últimamente da crise económica, despértaseme a curiosidade por entender, e tamén o atrevemento a arriscarme con estes temas.

De muros, muriños e muretes

Cando no ano 1989 unha marea de ilusión derrubou o muro de Berlín, algúns ilusos ou utópicos deixámonos inundar da esperanza dunha Europa sen fronteiras, dun mundo sen barreiras…Sabiamos de outros muros, Xibraltar, Ceuta, Melilla, Guantánamo…confiabamos que xa lles chegaría a súa hora. Ahora os israelitas constrúen un novo muro en Gaza e tomamos conciencia de que hai unha morea de barreiras e muros, de razas, de relixións, de ideoloxías,  de sexos…Sería moi longo de explicar e non collería neste humilde artigo. Só vou opinar dos muros físicos e próximos.

O noso amigo Carliños

Xa vos teño falado algunha vez de Carliños, e os que me teñades escoitado xa sabedes que non me refiro a Carlinhos Brow, persoa á que admiro, non xa como artista, senon pola gran laboura social que desenvolve nas favelas de Candeal.

            Este Carliños é un canciño, de raza indefinible, que ten por nome propio Charly, pero a min, como se me da por ser antianglosaxón, galeguízolle o nome. El non debe tomalo moi ben, Charly resultaralle máis acorde cos novos tempos educativos, e cando lle chamo Carliños, mantense teso, mira para outro lado e fai que non me escoita.

O CONTO DO LEÓN

Fillo dun estibador portuario, de profesión Garda Civil. E contoume o chiste do león. ¿Querédes que vo-lo conte?   Partamos do feito incostestable de que un león pode comer a calquer individuo da especie humana nun espacio relativamente curto. E incluso dixerilo. Aínda que acostuman a deixar algunhas sobras para que as aproveiten os carroñeiros de turno.

Coñecín a esta persoa nunha cea, e explicoume o conto, ou máis ben parábola do león. Non me esforcei en falarlle do Sansón Bíblico, nin do cristianismo nos anfiteatros romanos.

Escoiteino.

Subscribirse a RSS - Pablo Lorenzo Fariña