Deportes

Empate sen goles no Estadio de Espiñedo no partido de ida de cuartos de final da Copa Deputación nunha tarde de fútbol moi pobre, un resultado que deixa a eliminatoria moi aberta para o partido de volta a xogar o xoves santo. O Arenteiro terá que sair a gañar en Luintra, aínda que tamén lle vale un empate con goles.
CD Arenteiro: Pachi, Gele, Pana, Diego López, Dani Arbo, Ocampo, Martín Pérez, Victor Gallego, Dani Vázquez, Bardelás e Diego Quiroga. Tamén xogaron Carlos Escudero, Lois, Brais e Manu.
O Partido: O Nogueira presentouse en Espiñedo cun fútbol primitivo, patadón e perder tempo foron os seus argumentos. Enfronte, un Arenteiro que o intentaba pero que se atascaba nos metros finais, sen crear ocasións claras de gol. Con este panorama, o resultado máis lóxico un empate a cero, como asi foi. Non obstante, o meta visitante Jacobo, con dúas magnificas intervencións en sendos tiros de Dani Vázquez, e o local Pachi nun remate de Javi Ramos evitaron que os goles subisen ao marcador.

Octavo partido consecutivo dos verdes sen perder na competición de liga, esta vez con victoria no estadio de Espiñedo ante o Vilalonga, nun partido no que o árbitro lucense José Manuel Albariño Cruña foi o gran protagonista negativo da tarde, malo de solemnidade, nun partido sen grandes complicacións ensinou 21 tarxetas, delas 2 vermellas directas aos xogadores do Arenteiro Sanginés e Dafonte - escamoteu un claro penalti a favor do Arenteiro e prolongou o partido 13 minutos, si, 13 minutos.
CD Arenteiro: Pachi, Gele, Lois, D. Arbo, C. Escudero, Dafonte, Martín Pérez, Sanginés, Dani Vázquez, Marcos Sotelo e Ocampo. Tamén xogaron Victor Gallego, Choco, Quiroga e Bardelás.
Goles:
1-0. Minuto 6. Ocampo, de cabeza, remata inalcanzable para o porteiro visitante unha falta lateral moi ben lanzaba por M. Sotelo.
2-0..Minuto 46. Tras recuperar o balón en medio campo, chega a Martín Pérez que habilita para Dani Vázquez, éste bate o porteiro visitante dun chuut raso e cruzado.
2-1. Minuto 82. Bonito gol de Ramón, que de potente disparo acorta distancias para os celestes.
O Partido: De dominio local na primeira media hora, que logo tería premio co temperán gol de Ocampo, a partir do minuto 30 o partido igualabase e nos minutos finais ambos equipos tiveron boas ocasións de gol. Tralo descanso, o Arenteiro ampliou a ventaxa no marcador e pudo sentenciar antes de que o árbitro, coa súa nefasta actuación, condicionase definitivamente o partido, que pasou de ser fluido e vistoso a un xogo innecesariamente embarullado no medio dun recital de pito arbitrral e tarxetas. Expulsou por doble amarela a Dario no Vilalonga, no m.52, que logo "compensou" con vermella directa no m. 56 a Sanginés. Cando ían 12 minutos de desconto tamén expulsou con roxa directa a Dafonte. Finalmente, foron 21 tarxetas as que ensinou. Enfín.
O xurado recoñece asi o traballo e a actividade que desenvole este centro educativo, o colexio de infantil e primaria Virxe da Pena da Sela do Irixo, no fomento e promoción da actividade física e os hábitos de vida activa.
Gran mérito de toda a comunidade eductiva dun colexio rural, que conta neste curso cunha matrícula de 42 alumnos que participan nos distintos programas deportivos escolares, nos que practican distintas modalidades deportivas, como o fútbol-sala, o atletismo ou o bádminton, entre outras. Ademáis, amplian a actividade lectiva cunha hora a maiores que dedican á actividade física.
Os premios do deporte galego son concedidos con carácter anual pola Xunta de Galicia. O CEIP do Irixo é galardonado co premio "Galicia Saudable 2015".

Xogou na década pasada dúas tempadas co Arenteiro na Preferente, ainda que o seu equipo de toda a vida foi o do seu pobo, o Cortegada. O pasado sábado, agora na categoria de veteranos -contaba 41 anos de idade- desputaba o seu último partido de fútbol cos Veteranos do Ribeiro.
Jesús M. Cortés Rodríguez "Sumi" falecía repentinamente no seu domicilio esta pasada madrugada, a primeira hora da maña foi encontrado morto. O Funeral celebrase este martes dia 10 de Marzo ás 17:30 horas en Cortegada. Descanse en paz.

O Arenteiro é o primeiro equipo que gaña esta tempada no campo do potente Portonovo, que malia a derrota continúa en posto de ascenso directo á terceira división. Os verdes saltaron ao campo de Baltar sen complexos e superaron de principio a fin aos locais. Con ésta en Portonovo O Arenteiro suma a súa terceira victoria consecutiva a domicilio.
CD Arenteiro: Pachi, Gele, Pana, Diego López, C. Escudero, Dafonte, Martín Pérez, Sanginés, Choco, D. Quiroga e Ocampo. Tamén xogaron Marcos Sotelo, Víctor Gallego, Dani Vázquez e Manu.
Goles:
0-1. Minuto 18. Perfecta combinación dos verdes entrando por banda dereita que culminan Martín Pérez servindo o balón a Sanginés, éste colase como unha exhalación polo medio da defensa e cun chupinazo forte e colocado pon o balón fora do alcalce do porteiro local.
O Partido: Aínda non se cumplía o primeiro minuto de partido cando D. Quiroga xa dispuxo dunha magnífica ocasión para adiantar ao Arenteiro, a xogada xa indicaba que o Arenteiro saía moi metido no partido e estaba disposto a tutear ao Portonovo, como asi foi. Aos 18 minutos chegaba o gol de Sanginés e no 39, tras outra soberbia triangulación dos carballiñeses, Martín Pérez enviaba o balón ao longueiro, o rexeitamento chegaba a Quiroga que batía novamente a Dani Romero, pero o árbitro anulaba un gol que a todas luces parece legal. Despois, na segunda parte anulou outro ao Portonovo, pero éste sí que era moito máis claro. Tralo descanso, o Arenteiro cambeou o plantexamento do partido, esperando máis atrás, sen deixar espazos e saíndo á contra, aínda que o marcador xa non se movería. Probablemente, o mellor partido da tempada do Arenteiro ante un gran equipo que hoxe se víu sorprendido no seu propio campo.

O Céltiga levouse para a Illa de Arousa un punto na súa visita ao Estadio de Espiñedo, nun partido dominado claramente polo Arenteiro e no que novamente a falla de definicíón dos verdes ante a portería rival volve penalizalos cun empate. No minuto 64 o meta local Marcos Nieto desviou o lanzamento dun riguroso penalti sancionado ao interpretar o árbitro lucense Iago Castro unha man de Ocampo, tan so tres minutos despois tragouse un clarísimo penalti na área do Cétiga sobre Martín Pérez.
CD Arenteiro: Marcos Nieto, Gele, Pana, Ocampo, Dani Arbo, Dafonte, Martín Pérez, Sanginés, Brais, Manu e Marcos Sotelo. Tamén xogaron D. Quiroga, Choco, Bardelás e Carlos Escudero.
O Partido: O equipo arousano tivo a ocasión do penalti e pouco máis, mentres que o Arenteiro volveu a crear numerosas ocasións ante a portería rival, pero outra vez a falta de acerto nos metros finais impide a victoria verde, sobre todo a partir do m. 71 cando o Cétiga se queda con 10 xogadores por expulsión de Rober, a partir de entón o partido pasa a ser un monólogo do Arenteiro pero sen que chegase o gol que por dominio, empuxe e ocasións mereceron os verdes. Francamente mal a arbitraxe, que volve perxudicar ao Arenteiro, nesta ocasión por non querer sinaliar un clamoroso penalti sobre Martín Pérez, ao que un defensor do Céltiga -sen ningunha posibilidade de xogar o balón- faille unha placaxe en toda regla dentro da área, pero o árbitro non quere ver nada. Curiosamente, tres minutos antes non dubidou nin un segundo en sinalar como penalti unha xogada na que un balón vai á perna de Ocampo e despois pega na man, aquí sí que ve intencionalidade. Enfin.

Os verdes conseguiron remontar e gañar o partido correspondente á 25ª xornada do campionato de liga de Preferente desputado no campo de San Campio, tres puntos de ouro para os carballiñeses a domicilo e ante un equipo que é dos que tamén loitan pola permamencia, e ao que o Arenteiro aventaxa agora en 12 puntos na táboa de clasificación.
CD Arenteiro: Marcos Nieto, Gele, Ocampo, D. Arbo, Pana, Dafonte, Bardelás (Manu, m. 61), D. Vázquez (Sanginés, m. 78), Martín Pérez, Brais (Choco, m. 63), e Marcos Sotelo (D. Quiroga, m. 76).
Goles:
1-0. Minuto 34. Falta lateral que lanza o Pontellas, balón colgado á area pequena e Miki, de cabeza, adianta aos locais.
1-0. Minuto 50. Saque de esquina que lanza Marcos Sotelo, toca Ocampo no segundo pau e o balón chega a Martín Pérez, que empata de tiro raso.
1-2. Minuto 88. Centro-chut de D. Quiroga, o balón golpea nun defensor local e fai unha parábola que acaba colandose na portería local.
O Partido: Saíu mellor de inicio o Pontellas, moito más intenso que o Arenteiro, facendose acreedor de poñerse por diante no marcador, o que conseguíu consumida a media hora de partido. O gol local fixo espabilar aos xogadores do Arenteiro, que sairon na segunda parte decididos a cambear a decoración do partido. Tras o empate, o partido pasou por unha fase de intercambeo de ocasións no que calquera dos dous pudo marcar, ata que chegou a xogada de infortunio paro os locais. Xa nos últimos minutos, dúas internadas de Sanginés e Quiroga a punto estiveron de ampliar o marcador para o Arenteiro.

O Arenteiro, que co 1-0 no marcador no minuto 21 desperdiciou un penalti ao seu favor , podemos decir que acabou o partido salvando un punto, despois de quedarse con 10 xogadores no campo desde o minuto 8 da segunda parte tras a expulsión de Lois, unha inferioridade numérica que acentuouse máis no último cuarto de partido tras ser expulsado V. Gallego.
CD Arenteiro: Marcos Nieto, Gele, D. López, Lois, Pana, Ocampo, V. Gallego, Bardelás, Sanginés, Martín Pérez e Marcos Sotelo. Tamén xogaron Dani Arbo, Carlos, D. Vázquez e Brais.
Goles:
1-0. Minuto 13. Falta lateral sobre a portería do Gondomar, Ocampo remata de cabeza e o balón, describindo unha parábola perfecta, fai inútil a estirada do meta visitante.
1-1. Minuto 26. Xogada por banda do Gondomar, Victor centra cara o punto de penalti para que Maikel fusile a placer o gol do empate.
O Partido: Cunha acción que resultou clave, o gol fallado por Sanginés no minuto 21, que houbese siñificado o 2-0. Ata daquela o Arenteiro controlaba perfectamente o partido, pero a partir dese momento o Gondomar veuse arriba e o Arenteiro abaixo. Na segunda parte o partido estivo condicionado pola inferioridade numérica coa que o Arenteiro quedou no terreo de xogo, primeiro coa expulsión de Lois e despois de Victor Gallego. O partido convertiase en practicamente un monólogo por parte do Gondomar, aínda que asi e todo tan so foi capaz de crear un par de ocasións de gol, que non souberon materializar. Cando mellor soubo aguantar o Arenteiro, cando se quedou con 9 xogadores, nos últimos 15 minutos.

Desde as catro e media da tarde deste domingo 15 de Febreiro o Arenteiro terá enfronte a un duro rival que chega a Espiñedo como o sexto clasificado, o Gondomar C.F.
Para este encontro os carballiñeses teñen as baixas dos sancionados Pachi, Dafonte e D. Quiroga, o primeiro expulsado o pasado domingo no partido ante o Valadares, e os outros dous cumplindo ciclo de 5 amarelas. Regresará á convocatoria, recuperado dunha lesión, Ocampo.

O Arenteiro acabou cedendo un empate nun partido que pudo e debeu sentenciar antes de que o Valadares igualara o marcador ao transformar un penalti cometido polo meta local Pachi, que ademáis foi expulsado nesa xogada. Os vigueses, que con este empate suman 10 partidos consecutivos sen perder, levaronse de Espiñedo un excesivo premio para o visto esta tarde.
CD Arenteiro: Pachi, Gele, D.López, Lois, Pana, Dafonte, V. Gallego, Bardelás, Sanginés, Martín Pérez, e M. Sotelo. Tamén xogaron Marcos Nieto, Manu, D.Vázquez, D. Quiroga e Brais.
Goles:
1-0. Minuto 5. Marcos Sotelo lanza un córner e Calao, no intento de despexe, introduce o balón en propia meta.
1-1. Minuto 76. Doble erro, do meta local Pachi cometendo penalti sobre un dianteiro do Valadares, e erro do trio arbitral (Montoto Taboada con Diaz Álvarez e García Carrera, do colexio de Pontevedra) porque o xogador que é obxeto do penalti está en fora de xogo. Marquitos transforma a pena máxima, xa con Marcos Nieto na portería do Arenteiro.
O Partido: Dominado desde principio a fin polo Arenteiro, incluso os últimos 18 minutos nos que o Arenteiro xogou cun home menos. Volveu o Arenteiro ser o equipo intenso do tramo final da primeira volta e tan so a falta de definición ante a portería rival e, porque non decilo, as sensacionais intervenciós do meta visitante Adrián, impediron que o Arenteiro gañase este encontro, que polo ofrecido por unhos e outros, sería o máis xusto.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 58
- 59
- 60
- 61
- 62
- 63
- 64
- 65
- 66
- …
- seguinte ›
- última »