Denuncias

Non sei se é produto dun extrano encantamento e os meus ollos me enganan cando ás veces, e tan só en determinadas datas, vexo a Baltar junior por doquier. Murmurando bellas cántigas mergulando bellas verbas: Next generation, transición dixital, transición verde, moitos eixos e blo, blo, blo...
Non creo que teña lugar a dúbida a deficiente organización, en todos os sentidos, do entroido no Carballiño. Non é cousa deste ano, se non de que nos últimos anos pouco a pouco vai morrendo o noso entroido, comezando por adialo a outras datas máis veraniegas, eliminando animación nos días grandes...
Non quero parecer pretencioso, pero véxome na obriga de aclarar unha serie de cousas das que se falou no programa, concretamente durante a entrevista co anterior membro do Consello Local do BNG, anteriormente membro da directiva de Anova e anteriormente membro outrora do BNG, o señor Andrés.
Quixera facer un comentario sobre o escoitei do BNG. En política como en calquera empresa da vida existe un momentum. E penso que a actidude da executiva local do BNG non soupo elexir o momento adecuado para unha dimisión en bloque ¿Por qué? Porque a 3 meses das eleccións non hai tempo pra articular equipas, nin compromisos nin a maioría dos detalles que atinxen aos comicios.
Unha auténtica vergonza que en pleno siglo XXI, Empresas constructoras,Organismos públicos etc... Sigan a verter Lixo, Pneumaticos, Escombros de obra ,Mobles queimados, Podas de diferentes árbores,Plásticos... no monte.
Asi leva varios meses, ata que haxa un disgusto...
Fai unha semana que hai unha fuga de auga no cruce que hai N-541 co camiño que vai para Corzos. Despois de avisar o concello de Maside seguen sen vir arranxar a avería. Cas xeadas que están a caer tódolas noites como para formarse placas de xeo na estrada e provocar un accidente. Do gasto e aforrro de agua mellor non falamos.
Fai tres anos anunciaron por parte do ayuntamiento de Boborás que había un promotor para facer un balneario en Brués,nada máis se volveu saber de eso.Logo a deputación moito falar de Orense termal pero o avanze na construción de novas instalacións termais é nulo.
Fai xustiño un ano que as fixeron e despois de estar máis de 35 anos pedindo beirarrúas para o Colexio Vila do Arenteiro, agora veñen os de Unión Fenosa a escarallar as beirarrúas das casas dos vecinos e tamén do Colexio, de cómo quedarán as árbores xa non digo nada. Menuda planificación de obras se fixo.

Deportes

Os verdes mereceron máis que un punto e ao final, e menos mal, tiveron que conformarse co empate ante o equipo navarro que sen facer apenas merecementos lograron adiantarse no minuto 84 de partido, catro minutos despóis Martin Solar lograba o 1-1 definitivo.
Toda a Galicia futbolística destaca o gran partido de fútbol que ofreceron este domingo no Anxo Carro Lugo e Arenteiro, e no que os verdes regresaron a O Carballiño cun punto que -quen sabe- se non poideron ser tres se a árbitra Maria Eugenia Gil Soriano non se houbese equivocado pitando o penalti co que logrou empatar o Lugo.

Páxinas