Política
O proxecto industrial que Cepsa instalará en terreos da antiga estación de ferrocarril de Maside, nas inmediacións da localidade da Touza "conta xa con todos os permisos que a regulamentación esixe, só falta un documento de urbanismo, que según me explicaon están a punto de lles entregar", asi o asegurou o Alcalde de Maside, Celso Fernández.
O proxecto, para o que Cepsa tramitou licenza municipal no pasado mes de marzo, consistirá na instalación dunha planta de envasado de gas licuado e do mesmo o Alcalde salientou que "creará postos de traballo tanto directos como indirectos, e ademáis quere decir que se abre unha ventá moi interesante porque se empresas como Cepsa tan importantes neste sector extratéxico veñen a Maside, pode ser unha oportunidade para que novas empresas pensen en Maside, e por ahí estamos traballando".
Celso Fernández desvelou no transcurso desta entrevista en COPE que as negociacións coa multinacional para que ubicase esta planta en Maside comezaron fai dous anos atrás "tratouse de levar como todas as cousas que poden ter moitas noivas, cando soubemos de esta posibilidade puxemonos en contacto con xente vencellada a esa actividade, e xa cando a idea calla e cando o facemos público, mentres mantivemolo calado".
PXOM E IGREXA DE SANTA COMBA
En relación o proceso de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal, o rexidor informou que nas últimas semanas mantiveronse dúas reunións có equipo redactor e que a idea e axilizar os traballos, de tal maneira que próximamente poida presentarse á veciñanza un adianto inicial do futuro regulamento urbanístico.
Finalmente, o Alcalde masidao confirmou que desde a pasada semana retomaronse as obras de restauración na igrexa parroquial de Santa Comba do Treboedo, tras o reformado do proxecto por parte de Patrimonio, que mantivo preto dun ano esta obra paralizada, agora as previsións "son a que esta actuación se faga en aproximadamente dous meses, asi que ahí a finais de novembro debería estar rematada", dixo.
O Pleno da Entidade Menor de Berán ven de acordar personarse como parte no recurso contencioso presentado por un particular contra a concesión e explotación das augas termais e o perímetro de protección do balneario da localidade. O Veciño que promove este recurso, o mesmo que xa pleiteou contra o concello pola expropiación dos terreos nos que se abríu o camiño de acceso ao novo balneario, entende que tén dereitos en relación a estas augas termais.
O Vocal Socialista na Entidade Menor, Tomás Lorenzo Fariña declarou no programa "Asi son as mañás de Cope" que "unha vez máis ponse de manifesto o que vimos decindo desde o PSOE, que o retraso na apertura do novo balneario non é culpa nosa, senón de quen leva facendo tan mal as cousas, díxosenos sempre que este problema coa declaración das augas estaba solucionado, asi que agora a Entidade fai o que ten que facer, que é defender a propiedade das augas". Lorenzo Fariña cree que "hai poucas posiblidades de que o contencioso poida prosperar, pero a Entidade ten que facer ben as cousas para que dunha vez por todas poida abrirse o novo balneario".
O proceso de implantación da ORA nas rúas carballiñesas, un proxecto que deixou en marcha o anterior goberno socialista, atópase agora mesmo nun estado de indefinición, aínda que o Partido Popular mantén de momento a súa intención de deixar en suspenso esta iniciativa promovida polo Ex-Concelleiro Socialista José Antonio Barge. Ao concurso público convocado polo concello carballiñés durante o pasado mandato municipal presentaranse dúas empresas, unha delas foi excluída pola mesa de contratación, aínda que deixou sen resolver a adxudicación a única emprea que polo tanto opta a facerse con esta concesión para a explotación da ORA.
O Alcalde do Carballiño manifestou sobre este asunto a intención do goberno do Partido Popular de paralizar a implantación da ORA aínda que está pendiente dun informe xurídico para tomar unha decisión definitiva "a secretaria ten feito unha consulta externa para ver se é ractificable a súa opinión, ela é da idea de que a empresa tería que ser indemnizada, se esto é asi e se afirma, o grupo de goberno paralizaría a ORA", máis adiante Marnotes engadíu "pero mentres o Alcalde e o equipo de goberno non teñan a certeza de que eso é asi, o que non estamos e en disposición de meter o concello noutro pleito máis e ter a posiblidade de perdelo, non queremos meter a pata", remarcou o rexidor municipal.
Unha inrformación errónea difundida onte, e recollida posteriormente por medios escritos, según a cal tería falecido unha das victimas do accidente de tráfico ocurrido na estrada entre O Carballiño e O Irixo, xerou confusión entre a veciñanza do Irixo e levou a varias persoas a achegarse atá Parada de Labiote, localidade onde residen as 3 persoas que viaxaban no vehículo sinistrado, coa intención de dar o pésame á familia de José Antonio Diéguez..
Sen embargo a súa sorpresa foi grande o saber que se trataba dun erro e que este veciño, o conductor do vehículo, atópase con vida ingresado no complexo hospitalario de Ourense, onde permanece en observación e evoluciona favorablemente das feridas sufridas tralo percance automovilístico. Presenta outros problemas de saúde, que nada teñen que ver có accidente. Tamén están desde onte nas súas vivendas en Parada de Labiote as outras dúas persoas que viaxaban no vehículo accidentado, que se saíu da estrada por causas que están ainda por determinar.
O portavoz do Partido Popular considera que a intervención de Carlos Montes a través desta emisora de radio supuxo un dano para o concello "porque moita xente escoitou a entrevista, na que se dí que nadamos na abundancia, que temos un montón de cartos, e pregúntase logo por qué non cobran as súas facturas".
Martín Nogueira entende que foi unha osadía a intervención radiofónica do Ex-Alcalde Carlos Montes "eso sí que foi crear alarma social, a xente preguntase entón se había cartos como afirmou cómo é que non se lle pagou, cando vou a un sitio ademáis do saúdo salgo cunha factura que se debe, hoxe mesmo en Ourense atópome pola calle unha persoa que coñezo, propietario dunha imprenta, invítame a pasar pola súa oficina, e faime entrega de facturas que lle debe o concello do Carballiño por importe de 4.000 euros, datadas entre os anos 1999 e 2003", suliñou.
O portavoz do grupo municipal de goberno do concello carballiñés insiste en que "nós referímonos sempre a facturas recoñecidas en intervención, e a partir de ahí poden decir o que queiran, nós temos o compromiso de informar a toda a cidadanía do Carballiño da situación económica do concello". Nogueira tampouco entende como Montes pudo afirmar que tán só chegaran a deberse como máximo 1,8 miilóns aos proveedores " como pode falar que solo se debian 1,8 miilóns cando se sumamos as facturas a Fenosa e a unha empresa de autocares, e algunha máis, xa chegamos a esa cantidade", asegurou.
A Portavoz de "Move Boborás" afirmou sentirse sorprendida "despois de escoitar a moitos veciños que nos fixeron saber que solicitaron copia do plan e no concello estanllo negando". O documento que regula a ordenación urbanística no municipio de Boborás ven de ser aprobado definitivamente por parte da Xunta de Galicia, trala súa publicación o pasado venres dia 30 de setembro no Diario Oficial de Galicia. Eva Pardo asegura que "por lei calquera veciño ten dereito a unha copia do PXOM, tanto durante o seu tempo de tramitación como unha vez aprobado", polo que a concelleira sospeita "que o motivo polo que non queren entregarlle as copias é que cando viron a aprobación inicial a súa casa quedaba en solo urbanizable e agora xa non está, xa que se recudiron as zonas de solo urbanizable".
Pardo tamén criticou outros aspéctos do PXOM, como o lugar elexido para fixar o solo empresarial "xa que se trata dunha zona na Almuzara con moitos propietarios, o que dificultará moito calquera proceso de expropiación", para "Move Boborás" houbera sido máis viable fixar esa ubicación en calquera das comunidades de montes do municipio, entre as que se localizan a carón das principais vias de comunicación, "os puntos fortes dos que fala Cipriano son os puntos maís débiles deste plan, ademáis de deixar a moitos veciños coas súas casas ilegais, tamén foi un desacerto comprar unha finca que valeu 21 millóns de pesetas e resulta que ao ser unha carballeira solo se pudo fixar unha parte como urbanizable".
A representante da oposición municipal tamén se referíu ao retraso de " 7 anos que se tardou en aprobar o plan", un retraso do que culpou ao rexidor municipal "pola súa falla de xestión, estivemos 7 anos sen poder pedir unha licenza de obra". Finalmente, Eva Pardo manifestou que "o que está contento con este plan é o Alcalde, porque pudo legalizar a súa casa".
Catro meses despois de tomar posesión como concelleira do grupo socialista en Piñor, Rosa Mary Lorenzo Alubias presentou a súa dimisión de todos os cargos que viña ocupando desde o inicio deste mandato municipal, ademáis de 1ª Tenente de Alcalde de Piñor, tamén exercía como concelleira-delegada de benestar social, sanidade e traballo, asi como de igualdade, xuventude, cultura e participación cidadán.
A renuncia da Tenente Alcalde deuse a coñecer na sesión plenaria que ven de celebarar a Corporación Municipal de Piñor, e na que o Alcalde Francisco Fraga limitouse a agradecer a dedicación da concelleira á vida municipal e anunciou a súa renuncia recurrindo ao tópico "por motivos personais". Non é a primeira dimisión inesperada que se produce nos últimos meses no grupo de goberno socialista do Concello de Piñor, xa que unhas semanas antes de rematar o anterior mandato municipal presentara a súa renuncia Alberto Pousa, que daquéla exercía tamén como Tenente Alcalde. Agora, cando se cumplen catro meses desde a toma de posesión deixa o concello a nº 2 do grupo socialista.
Catro meses despois de deixar a Alcaldia do Carballiño, Carlos Montes defendeu a súa xestión no transcurso dunha entrevista nesta emisora de radio na que manifestou que "xa dixen que eu estaba aquí para calquera información que precise o actúal Alcalde, o meu teléfono está no Concello, e teño moita información que lle sería de proveito sobre o funcionamento do concello", referíase concretamente o Ex-Alcalde a anunciada débeda de 11,5 millóns aos proveedores "é totalmente incorrecta e desmesurada a cifra que se está dando desde o grupo de goberno porque a máxima débeda que se chegou a acumular cos proveedores foi fai aproximadamente un ano e oito meses, daquéla chegou a deberse 1,8 millóns de euros, pero conseguimos rebaixala moito có plan de saneamento, pagouselles ao 80% dos proveedores". Montes tamén asegurou que non era certo que se lle deban todas as facturas do ano pasado a Unión Fenosa "do 2010 recordo que se lle pagaron algunhos meses, non sei se 3 ou 4, pero algunhos sí se pagaron", ademáis, en relación aos proveedores Carlos Montes aclarou que "débelle o concello pero tamén eles lle deben ao concello, como a propia Fenosa que ten que compensar cada ano 3 meses pola ocupación de espazos públicos, ou Aquagest, que tamén debe ao concello".
O Ex-Alcalde do Carballiño amosou a súa sorpresa polas noticias sobre a débeda contraída cos bancos xa que "deixei a Alcaldia cunha única operación a curto prazo por importe de 1,2 millóns de euros, reduciuse máis do 60 % a débeda a curto prazo, que chegou a ser superior aos 3,5 millóns de euros", e xustificou que nos últimos meses do seu mandato non puderon facerse pagos "por un problema puntual no servizo de tesourería, desde o mes de marzo non pudemos facer o pago de facturas, e no momento de deixar a Alcaldia quedaron preto de 2 millóns de euros en diñeiro líquido".
Preguntado sobre os primeiros meses de goberno municipal do Partido Popular, Montes respondeu que "vexo moi parada a vida municipal en canto á toma de iniciativas importantes para O Carballiño, cando ún chega novo á Alcaldia ven con novos pulos e ilusiós, pero vexo moita desidia na xestión no concello, nos últimos meses, únicamente se inaugurou a nova depuradora, se fixo a reforma do paseo do río Arenteiro, e se pedíu a Fomento a obra de ampliación do túnel do ferrocarril, son proxectos que xa nós deixamos feitos no noso grupo de goberno", remarcou.
Este venres día 30 de setembro o Cine Club Carballiño retoma ás súas habituais proxeccións de cada venres en sesións de 20:30 e 23:00 horas no Auditorio Municipal. A película escollida nesta ocasión é Win win, unha comedia norteamericana que acadou gran éxito no pasado festival de Sundance. O resto da programación para este mes de outubro son a película francesa De deuses e homes, a comedia española Amigos e a arxentina O home do lado. Os prezos das entradas e dos bonos son os mesmos que o ano pasado: 5 euros ao mes para parados, xubilados e estudantes (2 euros entrada solta) e 10 euros para o público en xeral (4 euros entrada solta). A novidade desta tempada e un bono de socio anual cun prezo de 60 euros, que se pode facer ben no propio auditorio antes das sesión o una Caixa Rural, facendo o ingreso na conta do cine club.
Os días 21, 22 e 23 de outubro volven as actividades das Xociviga, co bloque adicado ao cine de animación, con proxeccións de películas, documentais, presentación dos autores de banda deseñada e animación, exposicións, cursos de cine de animación e de banda deseñada, etc. O cine club valora positivamente a primeira fase desta edición das Xociviga, celebrada entre os días 10 e 13 de setembro. Nestes catro días asistiron ás proxeccións do auditorio e da casa da cultura máis de 650 persoas e participaron en diferentes actividades 26 invitados. A organización valora a boa acollida que tiveron os ciclos de documentais e as actividades paralelas, onde destacou o concerto de música de cine, que encheo o salón da pranta baixa do Casino. Tamén quere agradecer a colaboración de todas aquelas persoas que participaron nas Xociviga de xeito desinteresado e as fixeron posibles (técnicos, persoal do concello, directores, guionistas, actores, conferenciantes, …)
Populares e socialistas defenderon posturas dispares no pleno corporativo que aprobou, únicamente cos votos favorables do Partido Popular, o convenio que establecerán o Concello do Carballiño e a Deputación de Ourense, para a prestación do servizo da recollida do lixo no municipio carballiñés. A esta convocatoria plenaria non asistíu a Portavoz do BNG Aúrea Francisco Lorenzo, á que a Coporación achegou as súas condolencias polo recente falecemento da súa nai.
Os socialistas expresaron, por medio de Francisco Fumega, o rexeitamento a este convenio coa entidade provincial, ao entender que o mesmo deixa moitas dúbidas sobre o futuro funcionamento do servizo, especialmente crítico foi Fumega en relación ao coste económico que para o concello conlevará este convenio, asegurando que aumentará o coste do servizo ao trimestre, xa que según os socialistas o mesmo pasará dos 83.000 euros aos 115.000 que terá agora trala entrada en vigor do convenio coa Deputación. Fumega criticou "a falta de seriedade, non é normal que o lúns nos presenten unha proposta de 138.000 euros e ao dia seguinte aparezcan cunha rebaixa a 115.000 euros, esto non é normal", suliñou. Tamén amosaron a súa preocupación os socialistas polas condicións laborais dos 5 traballadores municipais que se transfiren ao servizo da Deputación e tamén polo feito de que os 2 camións que son propiedade municipal vaian realizar a recollida noutros concellos da provincia. Tampouco ven claro os socialistas que se vaian mellorar as condicións do servizo, xa que no convenio non se fai referencia expresa ao número de contenedores novos que se van a instalar.
O Portavoz do Partido Popular dixo estar "abraiado" pola exposición socialista porque "esto é moito máis sinxelo, os veciños queren que os seus impostos sexan ben utilizados e esto é que o que se vai facer, o concello vai sair ganando "en hixiéne, estética e económicamente e tamén todos os veciños, e os cidadáns ao final serán os que valoren se se mellora ou non". Martín Nogueira engadíu que "trátase de optimizar recursos e non de facer convenios cos concellos amigos". O Grupo de goberno defende que o acordo coa Deputación fará posible a mellora na recollida do lixo, instalaránse novos contenedores, procederáse ao lavado periódico dos mesmos, e non haberá os problemas para sustituir os camións averiados ou as baixas do persoal, ademáis do importante aforro que representará para o Concello, foron os argumentos expostos polo Partido Popular para defender este convenio.
Finalmente, o Alcalde Argimiro Marnotes, recordou como xa no pasado mandato, o concelleiro de medio ambiente, o nacionalista Bernardo García acudira á Deputación e recoñecera públicamente a mellora na xestión e o aforro económico que siñificaba a adhesión do concello do Carballiño a este convenio "pero aquela inciativa nunca foi traida a pleno porque na reunión do bipartito anulouse a proposta, eso era vox populi", asegurou o Alcalde do Carballiño, que rematou a súa intervención defendendo a centralización de recursos e o agrupamento de servizos entre concellos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 102
- 103
- 104
- 105
- 106
- 107
- 108
- 109
- 110
- …
- seguinte ›
- última »