Política
O concello de Cea comezou a instalación de sinais viales na Praza Maior e nos seus accesos, xa que según confirmaba o seu alcalde, José Luis Valladares, nas Mañás de Cope "non había ningún tipo de regulación". O seu obxectivo é regular e facer máis cómodo o tránsito tanto de vehículos como de viandantes para evitar os sustos que moitas veces levan os conductores. No entorno da Praza Maior ademais, instalarán sinais propias de aparcadoiros para non interrumpir o tráfico debido a que "moitas veces queremos meter os coches nos bares". Antes de poñer en funcionamento o novo regulamento pretenden informar a tódolos cidadáns de cómo se debe circular, de aí que as sinais viales aínda non entrasen en servizo.
O alcalde mencionou tamén o Obradoiro de Emprego e felicitou a tódolos seus monitores e alumnos. Despois de quince días de vacacións retomaron a súa labor de restauración en fornos, fontes e xardíns en todo o concello de Cea. Debido ó éxito conseguido xa se pensa nun novo obradoiro para o vindeiro ano.
Os Portavoces dos tres grupos políticos con representación na Corporación Municipal do Carballiño, PSOE, BNG e PP, reunidos esta mañá, acordaron "que por parte do Concello se tramite o expediente para distinguuir a "Paul" có título de Amigo Predilecto do Carballiño, xa que esta consideración é unha forma de agradecer a repercusión internacional que tivo a nosa vila". O famoso celalópodo do acuario alemán que prediciu os éxitos de España na Copa de Mundo de Fútbol é elevado á categoria de personalidade pola Xunta de Portavoces do Concello Carballiñés, e asi se recolle na acta da reunión na que se espeficica que "se faculta ó Alcalde para que leve a cabo as xestións oportunas a fin de conseguir que unha comitiva da localidade xermana que acolle a Paul poida visitar a nosa vila en tan sinalada data e na maneira do posible traer consigo a tan afamada personalidade". A visita faríase coincidir có vindeiro dia 8 da agosto, data de celebración da Festa do Polbo, e para a que desde o Concello Carballiñés tamén se cursará unha invitación especial ó Presidente da Federación Española de fútbol, Angel María Villar, o adestrador Vicente del Bosque, e ós xogadores que conseguiron para España a primeira Copa do Mundo da súa historia. Este anuncio fíxose coincidir coa presentación do cartel anunciador da festa, do que outro ano máís é o seu autor o carballiñes Felipe -Senén López Gómez, un acto que se desenvolveu na casa do concello e ó que, ademáis do Alcalde e o Concelleiro de Festexos, tamén acudiron os patrocinadores da festa, que estará este ano dedicada ó Mosteiro de Oseira.
A unidade de Policía Xudicial da Garda Civil detivo esta fin de semana a un veciño do Carballiño, de 85 anos de idade para dar cumprimento a unha orden de búsqueda, detención e ingreso en prisión dictada pola Audiencia Provincial. J.L.N foi condenado por unha tentativa de homicidio. Os feitos polos que foi xulgado e condenado remontanse ó ano 2005.
O concelleiro de Obras e Urbanismo do Concello do Carballiño, o nacionalista Manolo Amil, avanzaba en Cope-O Carballiño a relaciòn de obras a solicitar polo seu departamento para o vindeiro ano 2011 e condicionadas a aprobaciòn por parte de diferentes administraciòns pùblicas.
Tratariase dunha inversiòn de 242.000 euros, repartidos en 3 eixos:
O primeiro diles contemplarìa un investimento de 100.000 euros para acometer obras de rehabilitaciòn no barrio de Flores (empedrado, mobiloario urbano, etc); cantidade que chegaria nun 80 % da Conselleria de Industria da Xunta de Galicia
O segundo eixo contemplarìa un orzamento similar a travès do Plan PEIM (PLANS ESTRATEXICOS DE INFRAESTRUCTURAS NO MEDIO RURAL) para acometer obras de asfaltado e reafirmado no vial que comprende o tramo entre a piscina situada en Corzos e o polìgono da Uceira e, ademais, nas rùas Pena Grande, Beariz e Testeiro; nesta ùltima tamèn se procederia a reposiciòn da rede de abastecemento e saneamento.
E por ùltimo, o terceiro dos eixos dotado con algo mais de 42.000 euros, procedentes dos Plans Provinciales da Deputaciòn, prevèe o afirmado de camiños nos Foros de Torròn, na estada da Gouxiña a Batallàs e no vial dende a entrada de Seoane ata a igrexa.
(Redacción. Rocío Campos) O concello de Maside convoca unha Sesión Extraordinaria que celebrará o Pleno da Corporación o día 8 de xullo ás doce do mediodía no Salón de Actos da Casa Consistorial. A convocatoria farase co obxecto de tratar os seguintes asuntos: a aprobación se procede da acta da sesión extraordinaria e urxente de data 18/6/2010, a aprobación inicial do plan parcial correspondente ó sector S.UR.D-R.6 en A Fontela para unha recalificación urbanística, a aprobación do convenio de cooperación entre a secretaría xeral para o deporte da Xunta de Galicia e o concello de Maside para a construcción dunha pista de paddel-tenis e a modificación da ordenanza reguladora de axuda no fogar do concello de Maside. Neste pleno non se presentou a moción para executar o camiño Constanza-Faquín, na parroquia de Garabás, que quedará pendente para vindeiros días.
(Redacción. Rocio Campos) Un ano máis chega a O Carballiño o verán cultural durante os meses de Xullo e Agosto. Algunhas das actividades descatadas no mes de xullo son a "Semana Grande para os pequenos" que terá lugar do día 5 ó 9 de xullo de 19 a 21 horas con diferentes obradoiros creativos. Na segunda quincena hai que descatar tamén un Festival benéfico a favor de Cruz Vermella que terá lugar o sábado 17 a partir das 19:30 horas na Pista Roxa e que contará con grupos como Demetrius, Susi Q's, Os moiantes e Laura de Factor X entre outros.O mes de Agosto comeza con Xociviga que durará dende o 2 ó 6 con actividades moi variadas como cine, exposicións e concursos. Durante a segunda quincena, do 16 o 20 realizarase o Festival de Títeres don diferentes obras como "As aventuras de Polichinela e a Galiña negra", LBA e Marxos e os xoguetes encantados", "O gato simple", "Marusía" e "Títeres Tanxarina", todas elas ás 19:30 horas na Praza Maior. Pero a gran novidade deste ano, como anunciaba Asunción Rivero, será o Festival de Bandas de Música que nos amenizarán durante as tardes do 27, 28 e 29 de Agosto a partir das 20:30 horas na Praza Irmáns Prieto. As bandas elexidas son A Banda de música de Merza, a Banda de música de Celnova e a banda de música La Lira de Ribadavia.
Debido ó estado no que se atopa o camiño Constanza-Faquín e polo que afecta ós veciños, dado que une estas dúas localidades e o núcleo do Bolo coa carretera local do Bolo a Faquín, Casimiro Campo Fernández, concelleiro do PP no concello de Maside, solicita a presentación dunha moción diante do pleno da corporación municipal para a execución do camiño Constanza-Faquín, na parroquia de Garabás, por un importe de 63.477,88 euros a cargo da Consellería do Medio Rural.
Boborás (Redacción.Rocío Campos) Unha vez máis o BNG ten que denunciar o mal estado no que se atopa o camiño que vai dende a chamada "casa do médico" e o "puzo dos fumes", en Pazos de Arenteiro. Pazos de Arenteiro está considerado como Patrimonio Histórico, e como tal debe coidarse todo o seu entorno. O alcade sempre anda a presumir do moito que se fixo pola vila, pero este feito deixa moito que desexar. O que nos atopamos ó chegar e cun estado calamitoso en total abandono, de aí que non sexa a primeira vez que os concelleiros do BNG veñen a denunciar estas deficiencias "unha verdadeira desfeita despois dos cartos que se levan gastados que ascenden a moitos millóns das antigas pesetas". Pero o mal estado do camiño non só se atopa en Pazos de Arenteiro, senón tamén noutras rutas de senderismo que atravesan o concello. E agora contestarán o mesmo que sempre "estos non saben, non escoitan, están maliños e teñen que ir ós médicos".
Desde logo que moi poucas veces una votación pode resolverse cunhos resultados como os que Argimiro Marnotes obtivo, 155 votos a favor de 155 emitidos, unanimidade, algo atá agora descoñecido na traxectoria do Partido Popular do Carballiño. Os 155 afiliados do PP carballiñes que se achegaron atá a casa da cultura para participar neste proceso electoral interno representan o 71% do total de afilidados do partido no Carballiño que tiñan dereito a participar na votación, é decir, que as súas cuotas de afililado estaban ó dia no momento da convocatoria do congreso. Marnotes xa reunira 296 avales para a súa candidatura, a única que reuníu o mínimo de 50 avales que se requerían. A nova executiva local do Partido Popular, agora xa con Marnotes á cabeza, está integrada por un total de 45 persoas, entre as que figuran membros da anterior executiva que presidía Guillermo Fernández, e incluso de executivas anteriores que regresan ó órgano de dirección local do partido, e tamén algunhas caras novas, que se suman a este novo proxecto dos populares carballiñes.
Cea (Redacción. Rocio Campos) Este domingo 4 de Xullo celebrase a XIX edición da Festa do Pan de Cea. Como dicía Carlos Manuel Rodríguez, presidente do consello regulador de indicación xeográfica protexida Pan de Cea, confía no bo tempo debido a que “xa lle levaron os ovos a Santa Clara”.
O falar do Pan de Cea, non podemos pensar que os panadeiros so se atopan nesta vila, senón que a indicación xeográfica protexida abarca todo o concello de Cea. Para elebarar estas riquísimas pezas contan cuns fornos tradicionais de construcción do S.XIII, aínda que nos últimos anos tiveron que engadirse unhas reformas hixíenico-sanitarias para que o producto entrara dentro dunha normativa que esixa a CEE. Para a construcción destes fornos utilizan un granito especial da zona “granito ala de mosca”. A pesar dos malos tempos que corren a producción cara o exterior do pan de Cea aumentou entre un 20 e un 30 %
Este ano as circunstancias económicas non lles permitiron ós responsables do CRIXP Pan de Cea embarcarse no proxecto previsto do Museo do Pan de Cea no Mosteiro de Oseira, pero que según o presidente do consello regulador “sigue vivo”. Sen embargo, o que si se conseguiu este ano foi a declaración de interese turístico para esta festa de exaltación que se celebra desde fai 19 anos.
Avecíñanse moitas horas de traballo e de festa onde se esperan ó redor de dez mil persoas, que de cumplirse as previsións, daránse cieta este vindeiro domingo no campo da Saleta de Cea, onde se servirá tamén o xantar oficial con productos todos eles galegos e con denominación de orixe. Foron algunhos dos comentarios que se deixaron oír no programa "A Mañá de Cope", que se emiítíu durante dúas horas desde a vila de Cea, e no que tivemos ocasión de disfrutar en directo das "Trouleiras de Cea", un grupo de pandereiteiras entre os 11 e os 12 anos que sorprenderon coa súa música tradicional.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 123
- 124
- 125
- 126
- 127
- 128
- 129
- 130
- 131
- …
- seguinte ›
- última »