Política

28, Maio 2010

El Ministerio de Fomento, a través de Adif ha adjudicado el contrato de servicios de transporte por vía de ancho UIC (1.435 mm) de los materiales necesarios para la construcción de la plataforma del Eje Ourense-Santiago de Compostela, dentro del Corredor Norte-Noroeste de Alta Velocidad, así como para la realización de pruebas de carga a lo largo de la nueva infraestructura. Dicho contrato de transporte de material, cuyo importe de adjudicación asciende a 8.688.227,9 euros, se realizará desde la base operativa situada en la localidad de O Irixo (Ourense) o desde los lugares designados a tal efecto en la propia traza ferroviaria. Las operaciones de transporte se realizarán mediante el remolque de trenes de acopio de material como balasto, traviesas o carril, con un peso que puede alcanzar las 1.200 toneladas.

 El contrato incluye además todas las actuaciones y trabajos necesarios para la seguridad, fluidez y obtención del máximo rendimiento en las operaciones de tráfico. El Eje Ourense-Santiago de Compostela contribuirá a la vertebración socioeconómica de la comunidad gallega, así como a mejorar la seguridad con la aplicación de nuevas tecnologías y sistemas de conducción, y reducirá los actuales tiempos de viaje.

Entre las ventajas que aportará su puesta en servicio destacan la disminución de la distancia de recorrido entre Ourense y Santiago en 38,9 km, pasando de los 126 actuales a 87,5 km (incluyendo el acceso a ambas capitales). El trazado prevé la conexión con la línea de alta velocidad del Eje Atlántico. El servicio ha sido adjudicado a la empresa Continental Rail.

 

 

27, Maio 2010

O Diario Oficial de Galicia publica no seu número de hoxe o anuncio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia no que se convoca a licitación do contrato da obra para a conservación e mantemento no Templo da Veracruz, unha actuación que se centrará fundamentalmente nos traballos de consolidación na torre da Igrexa, para correxir os problemas estructurais detectados nesta parte do momumento. A obra terá un orzamento base de licitación de 193.718 euros, incluído o ive, e será cofinaciada nun 70% con fondos Feder. A empresa que resulte adxudicataria terá un prazo máximo de 10 meses para rematar a obra. O Concelleiro de obras e urbanismo do Carballiño, Manuel Amil, máximo promotor desta obra, agradeceu a sensibilidade amosada polo Director Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia en relación a esta actuación e recordou que "trátase dunha obra que xa fora adxudicada polo anterior goberno bipartito, pero que quedara despois supendida porque a empresa concesionaria tivera problemas e quebrou". Tamén amosou a súa ledicia pola noticia o Párroco do Carballiño, Xosé Benito Sieiro, porque "esta é unha obra tan importante como necesaria, e ademáis dos traballos na torre vanse a acometer a reforma do presbiterio".

25, Maio 2010

O Concello do Carballiño volve colaborar activamente coa organización deste evento festivo que recrea durante catro dias na pista roxa o ambiente da feira de abril sevillana, o concelleiro de turismo Manolo Dacal salientou que "este tipo de actividades sempre contarán co apoio da miña área de turismo, pola siñificancia tanto económica como turística para a nosa vila". O Concello do Carballiño aporta ademáis unha achega económica de 2.000 euros para axudar a organización, que corre por conta dun grupo de hosteleiros da praza do Emigrante. Unha empresa de cátering de comida andaluza encargaráse da instalación dunha carpa na que se ofrecerán os productos típicos de Andalacia, entre os que non faltarán os peixiños fritidos, o xamón, as gambas ou os "rebujitos". Entre as actuacións musicais programadas, atopanse as da Escola Municipal de Danza do Carballiño, a compañía de danza "Raices" da casa de Andalucia en Vigo, o grupo rociero "Aires Andaluces" e a Banda Escola de Música do Carballiño, que ofrecerá un concerto de pasodobles  o domingo 30 á unha da tarde. Ademáis, durante a fin de semana, aquelas persoas que o desexen poderán disfrutar dun paseo en carreta polas rúas do Carballiño.

24, Maio 2010

A privatización da rede de abastecemento e saneamento do Concello de Boborás, adxudicada fai unhos anos atrás, implicou un empeoramento na conservación das fosas septicas, repartidas por toda a xeografia municipal, asi o puxo de manifesto a Concelleira e Voceira do BNG, Maria Dolores Cachafeiro. Advertidos desta circustancia por varios veciños, os nacionalistas comprobaron "como as fosas presentan en moitos casos un estado lamentable de abandono, e a moitas delas é dificil incluso chegar, debido a maleza existente nos accesos, o que proba que hai tempo que se abandoaron os traballos de limpeza". Mª Dolores Cachafeiro responsabilizou desta problemática ó Alcalde Cipriano Caamaño, xa que "a empresa á que se lle adxudicou o servizo non cumpre cós compromisos adquiridos, e no Concello en vez de obrigar ó seu cumprimento, apróbanlle a suba das taxas". Tamén recorda a portavoz do BNG como "este servizo fora adxudicado en contra do informe dos técnicos e por cabezonería persoal do Alcalde", aclarando ademáis que as fosas apenas se limparon desde que esta empresa se fixo cargo do servizo, cando nas bases de contratación recollíase que todas as instalacións, captacións de auga, depósitos e fosas sépticas, deberían estar en bó estado.

21, Maio 2010

Duás persoas resultaron con feridas, unha delas de gravidade, tras rexistrarse un accidente de tráfico na estrada N-541, á altura da localidade de Brués, no termo municipal do Concello de boborás. O sinistro ocorreu pasadas as sete da mañá cando colisionaron frontalmente dous vehículos, tralo choque unha das víctimas sufriu feridas graves, polo que foi evacuada ó Complexo Hospitalario de Ourense nun helicóptero do 112, mentres que a outra persoa ferida foi trasladada en ambulancia, tras recibir as primeiras asistencias. Ademáis da Garda Civil de Tráfico, que regulou a circulación na zona, tamén interviron os Servizos Médicos do 112 e unha dotación do Grumir e Protección Civil do Carballiño.

19, Maio 2010

Desde hoxe, todas as persoas que queiran posicionarse contra o polémico muro do proxecto de urbanización da Veracruz, poderán facélo asinando un escrito no que se solicita "que se retire o muro e paredón de pedra aplacada que cerca o monumento". Con esta iniciativa nace no Carballiño a "Plataforma pola defensa da Veracruz", un colectivo veciñal que se considera "apartidista e aconfesional, e co único fin de conseguir da administracción que se pare o que consideramos é unha desfeita para un ben xa universal como é o Templo da Veracruz". José Luis Alves, ún dos promotores da plataforma, tamén incidíu no sentido "apolítico desta reivindicación popular, xa que o respeto ó noso patrimonio é o que se pide, e eso nada ten que ver coa política partidista", polo que se recabará o apoio de todos os veciños e veciñas sen distinción de ideoloxia, aclaran, xa que "o único que intentamos é que non se consolide unha tropelía que despois será xa un mal irreparable". Os escritos para esta recollida de sinaturas, que serán remitidas á Dirección Xeral de Patrimonio, poderán encontrarse en diversos locais do Carballiño abertos ó publico, como comercios e establecementos de hostelería.

18, Maio 2010

Un investimento de 230.000 euros financiados a través do Plan E fará posible o proxecto que convertirá a piscina municipal do Concello de Avión na primeira de titularidade pública que contará con instalacións cubertas e climatizadas, no ámbito das comarcas do Carballiño e O Ribeiro. O Concello de Avión ven de adxudicar a obra á empresa "Construcciones Benigno Alvarez", que as acometerá en dúas fases, unha primeira que se realizará de inmediato e unha segunda que se executará a partir de setembro, e deste xeito non ter que cerrar as instalacións durante os meses de verán. A actuación que se levará a cabo consistirá na cubrición exterior das instalacións, que contan xa cun sistema sustentable de climatización por medio de paneis solares. O Alcalde de Avión, Antonio Montero, salientou no programa "A mañá de Cope O Carballiño" que esta obra "permitirá que poidamos contar cunhas piscinas para disfrutar todo o ano, e non só para o ocio senón para finalidades terapéuticas, tal como nos viñan demandando moitos veciños".

13, Maio 2010

A moción que o Partido Popular presentou polo trámite de urxencia e na que se pedia o acordo plenario para instar á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras a que proceda a eliminación do muro construído no proxecto de urbanización do entorno da Veracruz, non se incluíu finalmente na órden do dia da sesión ordinaria celebrada pola corporación carballiñesa, xa que PSOE e BNG impediron esa posibilidade ó votar en contra da urxencia. O Alcalde, Carlos Montes, tildou a iniciativa dos populares de "oportunismo político" e propuxo -nada se concretou tampouco- que unha representación integrada por  él mesmo e os portavoces dos partidos políticos solicitasen unha entrrevista có Conselleiro para trasladarlle esta "inquietude dun sector do pobo do Carballiño". Desde o BNG, Manuel Amil volveu insistir en que "a solución é política" e asegurou que esta sensibilidade maioritaria da sociedade carballiñesa xa é do coñecemento dos responsalbles da execución da obra. O portavoz do PP, Argimiro Marnotes, intentou -sen éxito- explicar os motivos da urxencia desta moción, pero de inmediato o Alcalde retiroulle a palabra, tras aclararlle que non procedía o debate ó non admitirse a urxencia por parte do pleno.

A Corporación tamén aprobou unha nova operación de tesoureira por importe de 1.300.000 euros, cos votos en contra da oposición e tras manifestar Argimiro Marnotes que o Partido Popular non vai apoiar este tipo de operacións mentres no se execute o acordo plenario no que se acordou a realización dunha auditoria das contas municipais. Marnotes tamén recordou a alta débeda que arrastra o Concello do Carballiño  "a máis alta entre os concellos das súas características no ámbito provincial, según os datos do Ministerio de Economia e Facenda". Montes restou importancia a eses datos do Ministerio e en relación á auditoria admitíu que o Consello de Contas xa contestara negativamente a solicitude feita polo concello carballiñés "pero si queren facela poden", concluíu. Mentres, o portavoz do BNG, Manuel Amil, xustificou esta operación crediticia "porque sempre será mellor deberlle ós bancos que os pequenos empresarios".

Houbo unanimidade entre os 3 grupos políticos para demandar da adimistración autonómica o arranxo das rúas Ourense e O Irixo, e tamén para propoñer á Consellería de Sanidade a actúal estación de autobueses como posible ubicación do novo centro de saúde do Carballiño. A Corporación acordou o apoio institucional á manifestación en defensa do galego convocada pola plataforma "Queremos galego" para o vindeiro lúns 17 de maio en Santiago, acordo do que se desmarcou o Partido Popular.

11, Maio 2010

O grupo municipal do Partido Popular presentará polo trámite de urxencia unha moción no pleno da Corporación Carballiñesa a celebrarse este xoves dia 13 de maio, na que demandará un acordo plenario para instar á Xunta de Galicia a que modifique o proxecto que está executandose no entorno da Veracruz, e máis concretamente que se proceda á retirada do muro de contención e se busque outra solución técnica máis axeitada co entorno, tal como se ven pedindo nos últimos meses por parte da maioria da sociedade carballiñesa, tanto por parte de colectivos e asociacións, como veciños a título persoal. O Partido Popular quere que no transcurso do pleno os grupos políticos municipais se posicionen claramente sobre esta petición, e o posterior acordo sexa comunicado de inmediato á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, solicitandolle que se rectifique ese aspécto concreto da obra. 

11, Maio 2010

Os datos do paro seguen en cotas históricas na Comarca do Carballiño, en tan só un ano -no periodo que vai de abril de 2009 a abril de 2010- sumaronse 323 novos traballadores en paro no conxunto dos 9 concellos da Comarca, deles 249 son residentes no Concello do Carballiño. O único dato positivo é que no pasado mes de abril o paro descendeu en 35 persoas, en relación o mes anterior, o de marzo. En total, temos 2.307 persoas inscrítas como demandantes de emprego, das que 1.321 pertencen á capitalidade comarcal, ó Concello do Carballiño, 605 homes e 716 mulleres. A franxa de idade con máis numero de parados é a que vai entre os 25 e os 44 anos, que son 701,  os maiores de 45 anos suman 497, e finalmente 123 son menores de 25 anos. No resto da Comarca, o concello con máis parados é Maside, con 275 persoas en paro, 33 máis que fai un ano. Boborás tén 196 persoas en situación de desemprego, 35 maís en relación a fai un ano atrás. San Amaro e O Irixo teñen-curiosamente- o mesmo número de veciños en paro, 104 en cada concello. Punxín suma 66 parados e Beariz 41. Os únicos dous concellos onde descende -aínda que simbólicamente- o paro no cómputo do último ano son San Cristobo de Cea e Piñor, que teñen 123 e 77 persoas, 17 e 6 menos -respectivamente-en relación os datos de fai un ano.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Política