Política
O caso está rodeado dun total mutismo por parte dos responsables municipais do Concello de Piñor, e do mesmo nada trancedeu oficial ou oficiosamente atá o dia de hoxe, cando se desvelou no programa "A Mañá de Cope O Carballiño". O roubo xa tería acontecido fai case un mes atrás, concretamente na noite do dia 23 de marzo pasado, aínda que atá tres dias despois, o dia 26 á unha da tarde non compareceu o Alcalde de Piñor, Francisco Fraga, ante a Garda Civil para presentar a correspondente denuncia. Según consta na mesma, entre as 8 da tarde do dia 22 e as 8 da mañá do dia seguínte, persoa ou persoas descoñecidas accederon ó interior das dependencias municipais, levandose 11.111 euros en diñeiro efectivo, ademáis de 5 ordenadores portátiles e 3 cámaras fotográficas, material que foi valorado en 11.200 euros. A tardanza en presentar a denuncia foi, según manifestou o propio Alcalde, seguindo recomendacións da policia, para facilitar a investigación. Malia a gravidade do acontecido, desde o Concello de Piñor non se facilitou ningunha información pública sobre o roubo e as circustancias nas que ocorreu, e tampouco evidentemente, polo tanto, se deron explicacións do motivo da existencia nas dependencias municipais dunha cantidade tan elevada de diñeiro. Os representantes da oposición muncipal, que se enteraron do acontecido a través desta emisora de radio, anunciaron que pedirán explicaciós ó Alcade de Piñor no transcurso do pleno municipal que está convocado para este xoves dia 22 ás 8,30 da tarde.
Os responsables da consellería de Infraestructuras aceptaron xa dúas alegacións das presentadas no concello do Carballiño sobre o proxecto da praza da Veracruz. En concreto son as referidas a manter a cota na zona baixa da praza, no terreo colindante cun particular na rúa Evaristo Vaamonde, e a relativa á rua Otero Landeira, para que enlazara na mesma rasante cá rua de nova apertura que comunicará a praza de San Ramón cá rúa Evaristo Vaamonde. Esta foi a contestación que os responsables da Dirección Xeral de Urbanismo trasladaron o alcalde do Carballiño e o primeiro tenente alcade, na reunión mantida durante a maña deste martes nas dependencias da consellería. Esta reunión tiña un doble obxetivo, por un lado solicitar información sobre a resolución das alegacións, e por outra achegar a Xunta o rexeitamento popular poo muro da praza da Veracruz. No primeiro dos casos os responsables de Infraestructuras acordaron que en poco tiempo resolverían o resto das alegaciòns, e para elo abriarán converdas có Bispado, xa que as mesmas foron presentadas por dita instituciòn e teñen que ver coa zona da rampa de acceso o templo, así como a accesibilidade dende a casa parroquial.
Sobre o muro perimetral os responsables do proxecto, e dicir os técnicos da consellería, sinalaron que estudiarán a problematica que Montes e Amil lles achegaron, para buscar posibles solucións, sempre dentro das posibilidades técnicas que se barallan. Neste sneso Montes e Amil apremiaron os responsables de Infraestructuras xa que entenden "que tampoco podemos estar moito tempo agardando por este tema, e moito menos paralizar un proxecto que agaradomos dende hai moitos anos". Os edis carballiñeses confían, e así o expresaron na consellería, que en poucos dìas haxa unha resolución a todolos temas, tanto as alegacións restantes, como o muro da Veracruz.
O alcalde e o primeiro tenente alcalde regresaban de Santiago satisfeitos despois de trasladar á conselleria unha problemática que esta na rúa do Carballiño ós verdadeiros repsonsables, e os únicos que poden decidir unha solución nun ou noutro sentido.
O Concelleiro de Obras e Urbanismo do Carballiño, Manuel Amil, espera que no transcurso desta semana visiten O Carballiño os responsables técnicos da Dirección Xeral de Urbanismo e os redactores do proxecto de urbanización do entorno da Veracruz, para comprobar o desenvolvemento da obra e, e concretamente, a construcción do polémico muro que provocou un gran rexeitamento social. A visita dos técnicos da Xunta tamén fora anunciada dias atrás polo portavoz do partido Popular, Argimiro Marnotes, tras contactos que mantivo ante os responsables da obra, e co mesmo propósito, que se revise este aspécto concreto do proxecto, a retirada do muro que resta visión sobre o monumento de Palacios desde a rúa Evaristo Vaamonde. Antes da visita Ó Carballiño, o Alcalde Carlos Montes e mailo concelleiro de obras serán recibidos na sede da Consellería, en Santiago de Compostela, polos responsables da obra, ós que trasladarán o rexeitamento ó muro en construcción, e tamén esperan traer noticias sobre as alegacións que no seu dia se presentaran a este proxecto, que están aínda sen resolver. A entrevista está fixada para este martes dia 20 de abril ás once da mañá. Conforme pasan os dias, faise máis patente a oposición dunha ampla maioria da sociedade carballiñesa contra o levantamento deste muro. Tamén ésta, foi a postura maioritaria manifestada polo movemento asociativo carballiñés, tal como os representantes de asociacións e colectivos transmitiron ás autoridades municipais na reunión informativa que se celebrou o pasado venres. Trala mesma, algunhos dos asistentes amosaron a súa indignación ó saber que o muro acadará una altura que chegará atá os 3,70 metros. Tamén foi evolucionado nas útlimas semanas a posición dos máximos responsables municipais. O Alcalde, Carlos Montes, que comezou xustificando e mesmo defendendo a existencia do muro como a mellor solución técnica posible, manifesta agora que "o concello está aberto a unha modificación do proxecto, sempre que non se paralice a obra". Mais coherente desde o principio da polémica foi a opinión do concelleiro de obras Manuel Amil, partidario de buscar unha solución consensuda e admitindo "que o muro non lle gusta a practicamente ninguén".
Nos vindeiros dias, o diario oficial de Galicia publicará a licitación da obra de consolidación e acondionamento da torre da Veracruz, tal como adiantou hoxe o Director Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, no transcurso dunha visita ó Carballiño, onde foi recibido polo Concelleiro de Obras e Urbanismo Manuel Amil. Ambos tiveron ocasión de comprobar a urxencia das obras, dado o deterioro que sufre esta parte do monumento, de feito a intención da Xunta é que esta actuación se leve a cabo de forma inmediata. Amil foi o promotor desta obra na etapa do anterior goberno bipartito, incluso o proxecto chegara xa a adxudicarse por parte de cultura, pero posteriores problemas da empresa concesionaria, que se acolleu a un proceso de lei concursal, fixo que a adxudicación quedase sen efecto e a obra suspendida. A actuación prevista tén coma finalidade correxir as deficiencias observadas na torre da igrexa, que en parte puderan ter a súa orixe na escasez de cemento coa que no seu dia se acometeu a súa construcción. Ademáis, dotaráse dunha nova escaleira, coa idea de que poida accederse e ser visitable a parte maís alta da igrrexa, algo que na actualidade non é posible por motivos de seguridade.
O "modus operandi" consistía na captación das víctimas a través da publicación de anuncios nos xornais, nos que se ofrecian servizos para os trámites de legalización de persoas extranxeiras en situación irregular en España. As víctimas eran atendidas por unha avogada, con domicilio no Carballiño, que utilizaba unha identidade falsa e citaba a estas persoas para a realización dos trámites, a cámbeo dunha cantidade de diñeiro que se cobraba coa suposta minuta. A continuación, a avogada inscribía ás víctimas en ofertas de emprego de distintas empresas, que si ben estaban constituídas legalmente, non desenvolvían ningún tipo de actividade. Desta maneira, e según os datos facilitados pola policia, foron estafadas unhas 200 persoas desde o pasado mes de decembro. Os 3 detidos, de nacionalidade española afincados no Carballiño, involucrados neste presunto caso de estafa son M.L.R. de 34 anos, J.A.G.S de 48 anos, e J.R.G.S. de 52 anos. Tras obter permiso xudicial, e nun posterior rexistro realizado no domicilio dos 3 detidos, intervíuse abundante documentación que está sendo analizada polos grupos de investigación das Unidades de Extranxería e Inmigración das comisarias de Vigo e Ourense, que levaron a cabo conxuntamente esta operación.
O proxecto de modernización incluirá a construcción dun novo edificio que acadará os 640 metros cadrados, e respetará a edificación actúal, que xa data do ano 1.842. Ademaís contemplanse outros 1.592 metros cadrados de instalacións exteriores coas que contará o futuro complexo termal, que de momento non tén previsto o aloxamento, aínda que non se descarta para máis adiante. Os propietarios e promotores do proxecto, a sociedade carballiñesa "Garriga e Hijos S.L.", esperan iniciar os traballos de construcción de forma inmediata,unha vez que obteñan a licencia de obra, aínda que desde fai algunas semanas xa se veñen acometendo labores de acondicionamento. O prazo de execución que se estima para a construcción do novo balneario é dun ano, tempo durante o que as instalacións permanecerán cerradas sen poder dar ningún tipo de servizo termal. Segundo as estimaciós da propiedade, esta ampliación vai supoñer a creación de 30 postos de traballo directos, entre os que estarán masaxistas, esteticistas e auxiliares de balneario. Tamén se calcula no proxecto a repercusión económica directa que o mesmo terá na zona, arredor dos 2 millós de euros anuais, dos que sobre todo poderán beneciarse os sectores hosteleiro e comercial. A capacidade para tratamentos termais nas futuras instalacións das Caldas de Partovia será de 800 sesións diarias.
A idea fora feita pública fai unhos meses atrás por parte do portavoz do partido popular Argimiro Marnotes, e resulta agora refrendada por parte dos dous grupos que integran o goberno municipal bipartito, PSOE e BNG. O plan, dado a coñecer esta mañá polo Alcalde Carlos Montes, consistiría en centralizar os servizos de transportes de viaxeiros na actúal estación de Renfe, ónde se tamén se ubicarían os servizos de transporte de viaxeiros por estrada. Desta maneira, quedarían liberados os terreos que ocupa a actúal estación de autobuses, na avenida do balneario, de aproximadamente 3.000 metros cadrados edificables, que o Concello do Carballiño poñería a disposición da Consellería de Sanidade, e coa intención de construir o novo centro de saúde. Para levar a cabo este ambicioso plan, o Concello do Carballiño deberá negociar a operación co Administrador de Infraesctucturas ferroviarias, co que sería necesario acadar un acordo. Montes destacou a gran aventaxe que o plan tería para os intereses municipais e do pobo do Carballliño, xa que dunha parte aforraríase ó Concello ter que desenvolsar unha cantidade económica pola adquisición dos terreos que se necesitan para ubicar o novo centro sanitario, e doutra parte melloraríanse os servizos públicos, polo que se beneficiaría o conxunto da cidadanía. O futuro centro sanitario ocuparía unha ubicación céntrica, mentres que a estación de autobuses trasladaríase a unha zona con boas prestacións e mellores accesos ás principais vias de comunicación por estrada. A proposta será formalmente trasladada ó pleno da corporación mucicipal por medio dunha moción que presentará o propio Alcalde, e que foi xa consensuada na xunta de portavoces.
A vila de Maside recupera así unha vella tradición, que noutros tempos formaba parte da vida comercial e social masidá, a celebración das feiras, que eran dúas no mes, os dias 9 e 23. O Concello de Maside pretende con esta iniciativa dinamizar o comercio local, e recuperar ademáis o sentido social da feira como punto de encontro e interrelación entre a veciñanza das distintas parroquias masidás e mesmo doutros concellos limítrofes. Asi, desde este 9 de abril, todos os dias 9 de cada mes, Maside recuperará o ambiente de feira, coa colaboración dos vendedores ambulantes, que nun número superior ós 30 xa confirmaron a súa asistencia, intalando os seus postos no entorno da Alameda, en horario de mañá. Ademáis, as casas de comida e restaurantes de Maside ofrecerán cada dia 9 un menú tradicional de feira, a base de richada e carne ó caldeiro. E tampouco faltarán a cita as polbeiras de Arcos. Ademáis, os que se acheguen atá Maside terán ocasión de mercar nos establecementos comerciais de Maside, con recoñecida e merecida sona dalgunhos productos, coma o pan ou os doces, onde as cañas fritas merecen unha mención especial. O Alcalde de Maside, Celso Fernández, salientaba no programa a "A Mañá de Cope" o esforzo que se fai desde o Concello para dar unha nova oportunidade ó comercio e a hostelería local e "para aprobeitar as grandes posiblidades que tén hoxe Maside pola súa privilexiada situación extratéxica no tocante ás infraestructuras de comunicación, que permite a calquera veciño da Comarca estar en Maside en apenas 5 minutos"
Desde Cruz Vermella Carballiño y como continuidad de las actividades medioambientales llevadas a cabo en años anteriores, se pondrán en marcha, a partir del domingo 11 de abril, rutas de senderismo que transcurrirán por diferentes zonas de la comarca. A través de estas actividades se pretende promover un envejecimiento activo entre la población adulta, fomentar hábitos de vida saludables referidos a la práctica del deporte entre la población más joven, concienciar a la gente de la importancia del medioambiente y su cuidado, dar a conocer zonas de la comarca de gran interés turístico, cultural y riqueza natural y fomentar las relaciones sociales entre la personas participantes.
La actividad está dirigida principalmente a personas mayores por lo que son rutas de fácil acceso y de dificultad baja, pero podrán participar en ella todas las personas que lo deseen (los menores deberán ir siempre acompañados de un adulto). Estará organizada por personal técnico y voluntario de Cruz Vermella Carballiño quiénes serán los responsables de velar por la seguridad y el correcto desarrollo de cada una de las rutas.
Las rutas programadas para el mes de Abril son:
Domingo 11 de abril:
Ruta Maside Puzo do Lago
Salida a las 9:30 horas y llegada a las 14:00 horas aproximadamente
Domingo 25 de abril
Ponterriza- Moldes- Sagra
Salida a las 9:30 horas y llegada a las 14:00 horas aproximadamente
* Todas las salidas se efectuarán desde la estación de autobuses de O Carballiño.
* Información e inscripción en la Asamblea Comarcal de O Carballiño, a través del número de teléfono 988 27 30 42 o bien a través de correo electrónico carballino@cruzroja.es
Conforme van pasando os dias, vai en aumento a oposición veciñal contra o muro proxectado para delimitar a futura praza da Veracruz. dunha parte, veciños, membros da Asociación Camiño, xente da cultura e mesmo estudiosos da obra de Palacios como Felipe Senén López ou outras persoas moi vencelladas á construcción da Igrexa, presentaron un escrito ante a Comisión Provincial de Patrimonio Cultural, solicitando que se proceda á inspección da obra que se está a realizar, e mesmo se proceda a súa paralización para a correxir posibles erros. No escrito faise constar o gran impacto visual do muro que está en construcción, "que desfigura o carácter de simple adro co que o arquitécto Palacios concebiu esta obra, que pón en valor tipos de canterías, técnicas de canteiros e arquitecturas históricas de Galicia cargadas con fondo carácter simbólico". Doutra parte, o grupo municipal do Partido Popular dirixíu esta mañá un escrito ó Alcalde do Carballiño, no que lle pide que se proceda a trasladar esta inquietude á Direccción Xeral de Urbanismo e se analice este aspécto concreto da obra, ó tempo que "se solicite unha paralización urxente das obras, mentres non se chegue a un consenso con este proxecto". Finalmente, tamén sobre este mesmo asunto, volveu referirse hoxe o Concelleiro de obras e Urbanismo, Manuel Amil, asegurando que en reiteradas ocasións ven pedindo ós responsables da adiministrtación autonómica que teñen competencias no proxecto que procedan á resolución das alegacións presentadas, e tamén que "teñan en conta esta sensiblidade existente entre os veciños e veciñas do Carballiño, ós que non lle gusta o muro, que tampouco me gusta a min". Amil lamentou que " o partido popular queira agora sacar rendabilidade política deste malestar polo muro, porque ésta é unha obra de todo o pobo do Carballiño, e non de ningún grupo político"
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 128
- 129
- 130
- 131
- 132
- 133
- 134
- 135
- 136
- …
- seguinte ›
- última »