Política
A nova rúa Alexandre Bóveda convertiráse próximamente nunha importante arteria para o tráfico urbano no Carballiño, xa que evitará ter que circular polo centro da vila para os vehículos que accedan desde a Estrada de Ribadavia atá ás rúas Alberte Vilanova e Ourense. O que era un antigo camiño de carro nunha boa parte do seu percorrido, e de dirección única, pasará a ser agora unha rúa apta para a circulación en doble sentido, con beirarrúas e unha calzada que terá entre 10 e 12 metros de ancho, dependendo do tramo. O Alcalde, Carlos Montes, prevé que a obra, que se está executando, quede rematada o vindeiro dia 28 deste mes de febreiro, de tal maneira que a partir de marzo poderá xa abrirse ó tráfico. Tamén coincidíu con estas prrevisións o Concelleiro de Obras e Urbanismo, Manuel Amil, que recordou como este proxecto, que conta cun orzamento de 400.000 euros, corresponde o Plan E do pasado ano 2009. O novo vial xa estaba contemplado no Plan Xeral de Ordenación Municipal en vigor desde o ano 1999, e tal como aparece no mesmo, cun ancho de 10 metros nun dos tramos, mentres que noutro chega atá os 12. Algunhos veciños e propietarios da zona están sendo moi críticos có proxecto,xa que "é unha chapuza que a rúa non teña o mesmo ancho". Ademaís, aseguran que unha parte da mesma vai quedar sen saneamento, "algo que non se entende cando se fai unha obra así, deixar unha rúa sen saneamento".
O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Boborás, que lidera o Alcalde Cipriano Caamaño, presentará no vindeiro Pleno ordinario que celebre a Corporación, unha moción na que propón un debate que pretende trasladar á vida pública e política, con distintas propostas de aforro e contención do gasto público para facer fronte á crise. Na moción, o Partido Popular de Boborás expón que "sendo conscientes da grave fractura existente entre a clase política, moi ben remunerada, e a meirande parte da sociedade con dificultades para chegar a fin de mes, propoñemos o estudio e debate dunha série de medidas de aforro e austeridade no gasto". Entre esas medidas, estarían a retirada inmediata dos plus dos altos cargos das distintas administracións, a reducción á metade dos case 700 asesores que tén o goberno central, a disminución nun 5% dos salarios de todos os funcionarios e traballadores das empresas públicas, e dun 20% nos salarios do persoal de libre designación e dos cargos eléctos, Deputados, Senadores, Parlamentarios Autonómicos, Provinciais, Alcaldes e Concelleiros, quedando excluidos desta medida aqueles funcionarios, persoal e cargos electos mileuristas. Outras medidas que se propoñen, son a diminución dos privilexios dos altos cargos políticos, que con 7 anos no posto, teñen dereito á pensión máxima a efectos de xubilación, asi como a reducción á metade dos subvencións públicas ós partidos políticos e sindicatos. Finalmente, tamén se propón a adopción de medidas axeitadas para combater o fraude fiscal e as bolsas de diñeiro negro, un tratamento fiscal adecuado e fluidez no crédito a pequenas e medianas empresas, e un acordo urxente e consensuado para a reforma do mercado de traballo. As medidas expostas, aclara o grupo municipal de goberno do Concello de Boborás, "só pretenden xerar un debate entre a clase política para solucionar os gravísimos problemas que asolan ó País". E subliña que con ese diñeiro podería "paliarse a situación dos sectores da sociedade maís salvaxemente golpeados pola crise, esto é, parados, mozos, xublidados e dependentes".
Un total de 24 desempregados do Concello do Carballiño, 23 mulleres e un home, recibiron esta mañá os diplomas que acreditan que remataron con éxito o obradoiro de emprego "Arenteiro IV". O acto desenvolveuse na casa do Concello do Carballiño, e estivo presidido polo Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martinez, acompañado polo Alcalde Carlos Montes e o 1º Tenente Alcalde, Manuel Amil. A Consellería de Traballo e Benestar aportou 503.222 euros ó desenvolvemento deste obradoiro de emprego, que tivo unha duración de 12 meses e que contou con tres módulos de especialidades, albanelería, carpinteiría e xardinería. Entre as actuacións que se levaron a cabo durante este tempo, atópanse as obras que realizaron nas piscinas municipais, a construcción de vestiarios no campo de fútbol da Uceira, o axardinamento da área recreativa dos Catro Camiños, a construcción dun muro no campo municipal de Espiñedo, e actuacións diversas no parque municipal do Carballiño. Durante o acto de clausura, o Delegado Territorial da Xunta, Rogelio Martinez, salientou que "este tipo de obradoiros supoñen unha importante ferramenta de formación para que os desempregados consigan acceder ó mercado laboral".
Un home de 33 anos de idade faleceu esta pasada madrugada en accidente de tráfico, que se rexistrou na estrada OU-209, no Concello de Leiro, a altura da graveira desta localidade, na vella estrada entre Leiro e Vieite. A víctima mortal do sinistro é Rubén Hermida Isla, veciño de Leiro, que faleceu cando era trasladado ó complexo sanitario de Ourense. O accidente produciuse pola saída da via do vehículo, que foi chocar contra unha árbore. No automóbil sinistrado viaxaba unha segunda persoa, un veciño de Ribadavia de 42 anos, que foi trasladado ó CHOU, ónde quedou ingresado. O seu estado é grave.
Deste xeito, o Concello facilita a xestión a moitos propietarios interesados en tramitar calquera expediente menos cambios de dominio, todo tipo de trámites, tales como altas, modificacións, agrupacións en rústica urbana, segregación en urbana, e cámbeos de cultivos e aproveitamentos.
O novo servizo enmarcase dentro do convenio asinado entre o Concello de Maside e o Catastro, polo que desta maneira, evitanse desprazamentos e reducense gastos ós interesados. ademaís, redúceselle o tempo de resolución, e poderá procederse dunha forma máis áxil á tramitación de todo tipo de expedientes. O Servizo de Atención para a Xestión Catastral comezará a funcionar o próximo mes de marzo coa seguinte periodización e ubicación:
- Lugar: Antiga Casa Sindical de Maside.-
- Primeiro e último xoves de cada mes, de 10.00 h a 14.00 h (de coincidir algún en festivo, pasaría ó día seguinte, venres).
Nais, pais, nenos e tamén avós -250 manifestantes según os organizadores- recorreron esta mañá as rúas máis céntricas do Carballiño polo "dereito a decidir" o horario escolar que queren para os seus fillos no colexio público Calvo Sotelo. O sector que defende a xornada única considera que "as medidas de presión tiveron un respaldo bastante maioritario, que debería facer recapacitar á consellería sobre a súa postura". En representación dos convocantes da protesta, Ricardo Paz subliñou que " O Delegado Territorial da Xunta, Rogelio Martinez, está a facer demagoxia cando afirma que a implantación da xornada única implicaría cambear horarios noutros centros, eso é mentira, porque cós 60.000 euros que tería que aportar a conselleria non hai que modificar horarios nos demáis centros". O portavoz da comsión de pais e nais a favor da xornada única tamén pediíu. ó inicio desta manifestción, o apoio dos 3 grupos políticos do Concello do Carballiño "xa que non estarían defendendo un modelo de horario, senón o dereito de veciños e veciñas do Carballiño para que poidan expresar a súa opinión", e solicitou expresamente do Partido Popular que diga "se está a defender ós veciños do Carballiño ou a acatar sumisamente as ordes de Santiago". Os nenos regresarán este lúns con normalidade a clases, ainda que non se descartan novas medidas de presión "atá conseguir o obxetivo, incluso a convocatoria dunha votación para ver se a postura que defendemos é a moioritaria"
A concelleira nacionalista de Igualdade e Benestar do Carballiño, Aúrea Francisco, ven de facer públicas distintas ofertas de formación para mulleres. Estas ofertas consisten nun curso de iniciación ao inglés, un de perfeccionamento de ofimática e internet e outro de maquillaxe creativa de entroido.
O Centro de Información ás Mulleres procederá a inscribir ás mulleres solicitantes dentro do prazo que comeza o vindeiro luns 8 de febreiro. Os horarios e datas son variados polo que aquelas mulleres interesadas deberán dirixirse ás oficinas do CIM, sito na rúa Faustino Santalices, ou ben facer as súas consultas por teléfono nos números 988531076 e 988531077, ou a traveso do correo electrónico cimcarballino@yahoo.es.
“O número de prazas é limitado –explica a concelleira do BNG, Áurea Francisco- polo que, aquelas mulleres interesadas non deben deixar a matrícula para última hora”. “Trátase de ofertar cursos –subliñou a portavoz nacionalista- que poidan servirlles cara a mellorar os seus currículos, ao tempo que melloran a súa formación persoal ”.
O programa do antroido no Concello de Boborás ábrese o domingo dia 7 de febreiro, co domingo de corredoiro. Os participantes concentraránse ás 3,30 da tarde no colexio de Boborás, para comezar seguidamente o percorrido por todas as parroquias do Concello, nunha xornada que estará amenizada coa música da charanga de Bande. Xa o domingo dia 14, dia grande do antroido en Boborás, terá lugar o xa tradicional desfile de comparsas e carrozas, e ademáis haberá concursos de disfraces para os nenos. Os interesados en particpar no desfile deberán facélo anotandose nas oficinas muncipais, atá o venres dia 12. O final do desfile celebraráse unha festa e verbena, que estará animada pola orquestra Atenas. E xa finalmente, completando esta programación organizada pola concellería de cultura de Boborás, volverá este ano celebrarse o "lúns de rodos", que como manda a tradición, sairán desde Pazos de Arenteiro, para facer un perocorrido polos pobos dos arredores. A festa dos rodos comezará ás dez da noite e o lugar de concentración será o Bar da Ponte, de Pazos de Arenteiro.
As obras do ave entre Ourense e Santiago, que afectaron no caso da Comarca a distintas parroquias dos Concellos de Maside, O Carballiño e O Irixo, contemplan diversas medidas de protección medio-ambiental e do entorno e co obxetivo de "respetar escrupulosamente o ecosistema das zonas polas que decorre a via, e desta maneira minimizar o seu impacto visual, acústico e paisaxístico", según a nota informativa difundida polo Ministerio de Fomento. O longo do trazado da liña férrea, replantaránse unhas 346 hectáreas de arbolado e arbustos, e preto de 500 hectáreas con cuberta vexetal. A plantación de árbores, aínda que non se espeficica qué tipo de especies serán, ademáis de recuperar o terreo desbrozado durante as obras dos últimos anos, e contribuirá ademáis a minimizar o impacto acústico nalgunhas zonas. En todo o eixo Ourense-Santiago da alta velocidade, e según os datos aportados polo Adif, os investimentos a realizar neste apartado do proxecto, e para a recuperación medio-ambiental, representan o 23% do orzamento total da obra.
O Concello de Maside vai asinar coa Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense un protocolo de adhesión ó Convenio subscrito no ano 2006 entre a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e a Dirección Xeral de Tráfico (DGT) para a mutua colaboración administrativa.
Esta colaboración céntrase inicialmente en dous expedientes que se poderán tramitar desde o Concello:
A sinatura deste Protocolo de colaboración leva consigo que os cidadáns poidan realizar estes trámites gratuítos desde o Concello, quen lles ofrece un novo servizo máis, co fin de facilitarlles a xestión.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 132
- 133
- 134
- 135
- 136
- 137
- 138
- 139
- 140
- …
- seguinte ›
- última »