Política

21, Decembro 2009

As Concellerías de Cultura e Deporte do Concello de Boborás veñen de programar varias actividades para os  veciños e veciñas do municipio, e que terán lugar durante as vacacións do nadal, xa que boa parte das mesmas están dirixidas ós maís pequenos. Do 28 ó 31 de decembro, de dez da mañá á unha da tarde, o colexio "Nosa Sra. de Xuvencos" acollerá un obradoiro de arranxos de nadal. Xa na primeira semana de xaneiro, desenvolveránse o resto das actividades programadas. O dia 2, membros da asociación cultural "Os Serandeiros", moitos deles veciños de Boborás, percorrerán os pobos do Concello, animando á veciñanza a cantar os reis. O dia 3, pola tarde, e novamente nas dependencias do colexio púlblico, celebraráse a xa tradicional Festa de Nadal, na que haberá xogos, actuacións e faráse entrega dos premios ós gañadores do 3º concurso municipal de postais. E tamén se celebrará unha merenda, á que están convidados todos os veciños e veciñas do Concello. Xa finalmente, o dia 4 será a visita o parque de atraccións de Pazolandia, no recinto de Expourense, con saída en autocar desde Boborás ás dez e media da mañá e regreso ás dúas e media da tarde. Esta actividade está reservada para nenos e nenas entre os catro e os dezaséis anos, que deberán inscribirse con antelación nas oficinas municipais do Concello de Boborás, atá o dia 30 de decembro.

18, Decembro 2009

A proposta que o Partido Popular vai trasladar á Corporación Municipal do Carballiño persigue un doble obxetivo, concentrar os servizos de transporte de viaxeiros nun mesmo espacio e atopar unha ubicación céntrica para a construcción dun novo centro de saúde no Carballiño. Vai para dous anos que o Alcalde, Carlos Montes, anunciara o inicio de xestóns municipais para a adquisición por parte do Concello de  terreos o máis céntricos posible, e que reunisen as condicións axeitadas, para poñelos a disposición da Xunta de Galicia con vistas á construcción dun novo centro sanitario na localidade. Incluso se apuntara por parte dos responsables municipais a intención de convocar un concurso público para que os propietarios interesados poidesen presentar as súas ofertas. Todo se quedou en nada. Agora, o Partido Popular quere reactivar este proxecto e ademáis introduce unha variante, a da concentración dos servizos de transporte de viaxeiros na actúal estación de ferrocarril, o que deixaría sen uso a actúal estación de autobuses, onde se ubicaría o novo centro de saúde. Con esta opción, o Concello non tería que facer ningún investimento na compra de terreos, sería suficente con solicitar a desafectación por parte da Xunta, como propietaria da estación de autobuses. Tan só faltaría a negociación co Adif para que dea luz verde a esta operación. O portavoz do Partido Popular considera que "é un clamor entre o sector do transporte agora que se fala de estación intermodal en Ourense, que no Carballiño fagamos algo así, sería bó para as empresas e bó para o cidadán do Carballiño". Argimiro Marnotes tamén subliña como desa maneira se resolvería o problema de  encontrar unha ubicación céntrica para a construcción dun novo centro de saúde no Carballiño, xa que os terreos que ocupa a estación de autobuses teñen carácter dotacional, xa non sería necesaria ningunha recalificación urbanística. O Partido Popular agardará ó vindeiro mes de febreiro para presentar esta proposta ó Pleno da Corporación porque en opinión de Marnotes "despois de dous anos que leva o Alcalde buscando terreos, non sabemos nunca se busca ou non busca, ou pasa coma tantas outras cousas que vai levando o vento"

15, Decembro 2009

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas adxudicou, de xeito provisional, as obras de acondicionamento do entorno do Templo de Veracruz. A empresa adxudicataria foi Misturas Obras e Proxectos S.A., por un importe de 957.882 euros. Esta actuación consiste nas obras de urbanización e pavimentación do contorno do templo de Veracruz , e teñen un prazo de execución de dez meses.O anterior departamento responsable en materia de ordenación asinou en setembro de 2006 un convenio de colaboración entre o Goberno galego e o Concello de O Carballiño, polo cal se comprometía a financiar o 100% das obras de reurbanización. Posteriormente, esta colaboración modificouse e para iso o anterior executivo asinou tres addendas ao convenio; a primeira e a segunda formalizáronse para axustar as anualidades establecidas e a terceira asinouse ao incrementar a contía aportada pola Xunta -en case 80.000 euros- para aumentar o ámbito de actuación

A Consellería de Medio Ambiente reactivou esta colaboración a través da autorización polo Consello da Xunta dunha addenda ao convenio. Esta decisión esta xustificada pola necesidade de modificar as anualidades e prolongar a vixencia do acordo, coa finalidade de adaptar as contías económicas coas fases de execución dos traballos.

Este tipo de actuacións redundará na mellora do espazo público, na modificación parcial dalgunhas das redes de infraestruturas dos servizos urbanísticos existentes e na dotación de redes na vía de nova construcción. O Partido Popular do Carballiño, que deu a coñecer a adxudicación da obra por medio dun comunicado informativo, puxo de manifesto "a satisfacción pola rápida actuación da Xunta nos últimos meses, no que vai ser o proxecto máis importante do Carballiño nos últimos anos"

As obras teñen como base o acondicionamento do contorno do templo de Veracruz. Os traballos céntranse en mellorar e cualificar o contorno do templo e construír unha nova rúa, a rúa Antonio Palacios, así como mellora o trazado e a aliñación da rúa dos Canteiros. Estas dúas vías, xunto coa de Evaristo Vaamonde, delimitarán o recinto do ámbito do templo. O convenio asinado tamén fixa que se acondicionará o propio contorno do edificio, co tratamento superficial e a incorporación de árbores e de vexetación.

15, Decembro 2009

A medida afectará a todos os centros de ensinanza non universitaria, como os pertecentes a rede galega de escolas infantís, que non terán actividade durante a xornada deste mércores 16 de decembro. O motivo é a previsión dun fenómeno meteorolóxico adverso, polo que as autoridades optaron pola suspensión cautelar da actividade nas aulas para "que non se produzca ningunha incidencia no acceso dos escolares e preservar a seguridade do alumnado, profesorado e persoal non docente". A Dirección Xeral de Emerxencias decretou a alerta laranxa por neve, tras as prediccións en forma de neve por enriba dos 300 metros, subindo a cota según avance o dia. Desta maneira, e según a axencia estatal de meteoroloxía, poderíanse acadar atá os 2centímetros de neve nas zona noroeste da provincia de Ourense, que poderían subir atá os 10 centímetros nas serras do Suiído e O Testeiro, nos Concellos de Avión, Beariz e O Irixo.

15, Decembro 2009

A operación, que levan a cabo a Policia Xudicial e a Garda Civil do Carballiño, continua aberta e non se descartan novas actuacións. De momento, cinco persoas foron imputadas como presuntos autores de diversos delitos de roubos, apropiación indebida, e incluso simulación de roubos, tras as investigacións que se viñeron realizando desde o pasado  mes de xullo en relación o esclarecemento de diversos feitos delictivos contra o patrimonio, dos que resultaron afectadas as UTE que realizan as obras do AVE na Comarca do Carballiño, concretamente  UTE Carballiño e UTE Maside. As imputacións a estas cinco persoas producense despois das investigacións e toma de declaración a traballadores destas emprresas, e persoal directivo e de seguridade. No curso das investigacións realizaronse visitas e inspeccións a centros de clasificación e reciclaxe de materiais férricos, localizandose vendas por valor de 60.000 euros, e acadando as cantidades controladas un peso de 300.000 kilos, constatandose ademáis a existencia de irregularidades nos cobros e expedición de facturas. 

14, Decembro 2009

A proxección que inaugurará esta nova experiencia será a da película "Millenium 2 ", a segunda entrega da triloxia inspirada no  "Best-Seller" de Stieg Larsson, que poderémos ver no auditorio do Carballiño na derradeira fin de semana deste ano. E xa os dias 2 e 3 do vindeiro mes de xaneiro haberá cine infantil. Despois, as proxeccións cinematográficas sucederánse durante todo o ano, eso sí, de momento cunha periodicidade mensual, unha vez o mes, aínda que se o público responde a idea da concelleira de cultura é programar cine con carácter quincenal. Asunción  Rivero vé asi cumplido un obxetivo que dá resposta a "unha inquietude que me viñeron presentando veciños, xóvenes e comerciantes, desde que ocupo a concellería de cultura, a de ter novamente cine no Carballiño, cubrindo un espacio desatendido desde que pecharon as salas de cine". Para facer posible esta programación cinematográfica estable, o Concello do Carballiño deu de alta o auditorio como sala exhibidora ante o Instituto das Cencias cinematográficas e audiovisuais, do Ministerio de Cultura, de tal maneira que coa nova lei do cine perimitirá que O Carballiño "entre no cirucuíto de exhibición de salas de cine". A Concelleira de cultura tamèn destacou o esforzo que ven de facer o Concello do Carballiño, dotando o auditorio dun bó equipamento para a exhibición cinematográfica, despois do investimento de 45.000 euros, un esforzo que espera siirva agora ofrecer  Ó Carballiño non só unha nova oferta cultural senón tamén "un impulso económico para comerciantes e hosteleiros, xa que esperamos que a xente doutros Concellos veñan ó cine  Ó Carballiño, e aproveite para comer e realizar outras actividades".

10, Decembro 2009

A páxina vweb do Concello do Carballiño aparece desde fai varias semanas presidida pola fotografía dunha mezquita turca, tralo ataque da que ven de ser obxeto por parte de piratas informáticos, e sen que os responsables municipais advertisen esta circustancia. Ademáis da foto da mezquita, tamén aparecen varios textos en inglés, ún deles co nome dos piratas informàticos que "hackearon" www.carballino.org, a páxina oficial do concello carballiñés. asi como outro texto no que figura un E-Mail de conctacto e a dirección dunha páxina web turca que acolle varios foros de debate. O insólito é que transcurridas varias semanas, os responsables municipais recoñeceron esta mañá descoñecer a situación.

9, Decembro 2009

A empresa Iberbanda foi a adxudicataria do contrato de concesión para desenvolver o proxecto de implantación e posterior explotación dunha rede de banda ancha para o acceso á internet nas comarcas do Carballiño e o Ribeiro, que financia a Deputación Provincial mediante axudas Feder para o desenvolvemento rural e urbano, cun investimento que ronda o millón de euros. Trátase do programa "Terras do Avia", que abrangue os concellos de ambas comarcas, cunha pobación total de 49.261 habitantes, dos que o 85% dos mesmos, é decir, 41.858  terán a posibilidade de conectarse o sistema WIMAX de banda ancha para acesso a internet, coas prestacións da alta velocidade, a implantar progresivamente durante o vindeiro ano 2010, coa instalación de estacións base WIMAX e radioenlaces punto a punto, que darán cobertura atá o 85% da poboación intercomarcal. Iberbanda desenvolverá un plan de implantación técnica da rede en tres fases, estando prevista a primeira delas para maio de 2010, cunha cobertura arredor do 37% da poboación á que se lle ofertará o servizo. No mes de xullo de 2010 a cobertura deberá chegar ó 83%, e finalmente, no mes de setembro de 2010 deberá quedar cuberta o 100% da poboación. Cada usuario que elixa este sistema de conexión a internet pagará unha cuota de 39 euros ó mes.

3, Decembro 2009

Coincidindo coa conmemoración do "dia internacional da discapacidade" que se celebra o dia 3 de decembro, a Mancomunidade de Concellos, que integran Boborás, Beariz, O Irixo, San Amaro e San Cristovo de Cea, presentou o programa de actividades organizadas polo departamento de servizos sociais en colaboración coa secretaría Xeral de  Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. Trátase dun conxunto de actividades orientadas as persoas con discapacidade, e tamén ás súas familias e colaboradores, e consistirán nunhas xornadas de convivencia que se desenvolven durante esta semana e obradorios de sensiblización que terán lugar nos colexios públicos dos distintos concellos entre os vindeiros dias 9 ó 12 deste mes de decembro. O edificio multiusos de Cea acolleu esta mañá o primeiro destes actos, que contou coa presencia dos responsables da Mancomunidade e numeroso público, que tivo ocasión de participar en obradoiros de habilidades, tanto manuais como sociais. O alumnado do centro ocupaciónal de ASPADISI fixo unha demostración de traballos, e posteriormente os participantes trasladaronse atá a Casa Grande de Dadín, xa no Concello do Irixo, onde se celebrou un xantar convivencial, seguido dunha tarde de xogos e animación musical. Estas xornadas de convivencia continuarán con outras iniciativas no resto dos dias da semana, como serán obradoiros de memoria, unha visita programada á "ruta do pan de Cea" ou a práctica de distintas modalidades deportivas adaptadas ás persoas con discapacidade.

1, Decembro 2009

Os plantexamentos de Bernardo García para que o concello do Carballiño e a Deputación asinasen un convenio para que a Entidade Provincial se fixera cargo do servizo da recollida de lixo encontraronse coa oposición frontal dos socialistas. Asi se puxo de manifesto no transcurso dunha reunión celebrada hoxe entre a representación dos dous partidos, PSOE e BNG, que integran o goberno bipartito do Concello do Carballiño, e que -tal como estableceron no pacto de gobernabilidade-manteñen xuntanzas periódicas para analizar o desenvolvemento da actividade muncipal. A proposta do concelleiro nacionalista de medio ambiente foi rexeitada polos socialistas, que xa antes e por medio do Alcalde Carlos Montes, discreparan púlblicamente coas manifestacións de Bernardo García, partidario de ceder a xestión do servizo ó organismo provincial. De pouco valeron os plantexamentos técnicos e mesmo económicos feitos polo concelleiro de medio ambiente para defender a súa proposta ante os razonamentos máis políticos do PSOE, partidarios de manter a xestión directa da recollida do lixo, reforzando se é necesario os medios ou incluso explorando outras posibles vías, unha delas, como se ven apuntando, sería integrar o Concello do Carballiño no Consorcio que constituiron varios Concellos das comarcas do Carballiño e o Ribeiro gobernados polos socialistas.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Política