Política

6, Maio 2009

En apenas 48 horas, desde que recibiron esta semana o expediente, deberán posicionarse partido popular e bloque nacionalista galego na comisión informativa de facenda, convocada para este xoves dia 7 e na que se presentarán os orzamentos do Concello do Carballiño para este ano 2009, unha comisión informativa previa á convocatoria da sesión do pleno da corporación. Tamén este xoves está convocado o consello de participación cidadán, órgano de carácter consultivo, que se reunirá para dar cumplimento o regulamento de tramitación dos orzamentos, antes de sometelos á aprobación plenaria. Os grupos da oposición, PP e BNG, estudan contra reloxio o documento elaborado polo grupo de goberno, unhos orzamentos cifrados para este ano en dez millóns seiscentos mil euros, un millón por debaixo en relación ó exercicio económico do ano pasado. Daquéla, o grupo de goberno socialista - en minoría no Pleno- lograría sacar adiante os orzamentos, grazas á abstención do bng.

¿Que pasará este ano? Pois velahí a gran incognita que se plantexa, xa que a dia de hoxe desde o grupo de goberno non se levou a cabo ningún tipo de negociación cos grupos da oposición e para conseguir os apoios suficientes e necesarios para que os orzamentos sexan aprobados. Se non fose así, a situación complicaríase para os responsables municipais, porque terían que prorrogarse os orzamentos  do 2008, de maneira que non poderían facerse operacións de tesorería, e tampouco se aprobaría a RPT, entre outras consecuencias. Pero quen o tería aínda máis complicado é Montes, toda vez que anunciou xa publicamente que si son rexeitados os orzamentos presentaría unha cuestión de confianza ante o Pleno, unha arma perigosa xa que  se a supera tamén automaticamente quedarían aprobados os orzamentos, pero do contrario, se non supera a moción de confianza, entón a maioria da Corporación tería un mes de prazo para presentar ó pleno un novo candidato á Alcaldia do Carballiño.

6, Maio 2009

Os "Vázquez Raña", a coñecida familia orixinaria do Concello de Avión, está de luto, tras confirmarse o falecemento dun neto de Mario Vázquez Raña, que tería sido victima da gripe A, según as informacións que chegaron nas últimas horas. Tras varios dias internado nun hospital infantil de Houston, nos Estado Unidos, a onde fora trasladado. Tráse dun cativo, aínda bebé, o máis pequeno dos 6 fillos de Miriam Vázquez, filla de Mario Vázquez Raña. A noticia causou fondo pesar en Avión, a onde os "Vázquez Raña" viaxan periodicamente.

Mario Vázquez Raña, o coñecido empresario mexicano, criouse atá os quince anos cos seus abós en Avión, atá que a súa familia o trasaladou a México, onde xa residia o su pai Venancio, tamén veciño natural de Avión. Con 76 anos na actualidade, Mario convertiríase co paso do tempo un dos empresarios máis influíntes na vida mexicana. Empresario do sector da comunicación, é propietario dunha cadea de radio e da maior editorial de periódicos en lingua española. Miguel, o neto de Vázquez Raña, victima mortal da gripe A, contaba con tan só 21 meses de idade

5, Maio 2009

A situación pola que atravesa o proceso para a aprobación das bases que deberán regular o concurso público para adxudicar a concesión da expoltación do novo balneario de Berán parece que chegaron a un punto irreversible e sen retorno posible á negociación entre socialistas e populares. Tras o plantón dado o Presidente da Entidade Local Menor de Berán esta pasada fin de semana por parte do vocal socialista Tomás Lorenzo, que non se presentou -tal como se comprometera no último pleno da Entidade- para cerrar xa a redacción das bases, o Alcalde de Leiro, Francisco José Fernández deu por definitivamente rotas as negociaciòs entre PP e PSOE, despois de acusar novamente o vocal socialista na entidade de ser o único cupable desta situación que seguirá retrasando a apertura das novas instalación balnearias. Nunha entevista no programa "A Mañá de Cope O Carballiño" o alcalde de Leiro calificou como de "intolerable e antidemocrática" a actitude do representante socilaista na Entidade Local de Berán, e adiantou que nos próximos días trasladará esta problemática á Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia para que estudie o cámbeo da normativa en canto o quuorom destas Entidades, xa que non ve outra solución posible.

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Declaracións Alcalde de Leiro

5, Maio 2009

Recuperar antigas zonas de baño no río Arenteiro, ésta é a idea dos resposables muncipais e como alternativa  ó peche das piscinas públicas do Carballiño para este vindeiro verán,  mentres se acometan as obras de reforma destas instalacións, que están financiadas con cargo ó fondo estatal de investimento local e cun investimento que soprepasa os seiscentos mil euros. A intención do Concello do Carballiño é proceder, de inmediato, ó acondicionamento das ribeiras do río Arenteiro tanto na zona do Cuco como na piscifactoría, para recuperalas como praias fluviais. O Alcalde, Carlos Montes, anunciou que solicitarán permiso ante a confederación hidrográfica para levar a cabo esta actuación de forma inmediata. A zona do Cuco, antiga praia fluvial dos carballiñeses do século pasado, estaba en completo abandono desde mediados dos anos setenta, condo se construiron as piscinas muncipais. No caso da zona de baño da piscifactoria estaba en desuso desde fai anos, motivado pola contaminación no río Arenteiro, nunha zona que se agravaba esta problemática derivada do mal funcionnamento do colector de residuais. En canto o prazo de execución da obra de reforma nas piscinas, son tres meses os que tén diante  a empresa adxudicataria para rematar o proxecto.

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Declaracións Alcalde do Carballiño

5, Maio 2009

O proxecto xa fora presentado fai dous anos atrás, coincidindo co anuncio da obra de reforma da avenida de Compostela, xa rematada. Trátase da cubrición dun treito de 30 metros da via do ferrocarril que atravesa a avenida de Compostela, a altura do barrio de Rapariz, dandolle asi continuidade a área recreativa esixtente xa na actualidade sobre o túnel, e que será ampliada unha vez se leve a cabo este proxecto para o que o Concello do Carballiño ven de recibir os permisos correspondentes da dirección xeral de patrimonio e infraestructuras do Adif. A parte na que se actuará será á que queda máis próxima a estación de ferrocaril. A memoria elaborada polos técnicos apuntaba a un orzamento de trescentos mil euros para poder executar o proxecto, para o que aínda non existe financiación. Precisamente, por este motivo, o Alcalde do Carballiño, Carlos Montes, anunciaba que nas próximas semanas viaxará a Madrid para entrevistarse con responsalbles do Ministerio de Fomento, agora dirixido polo galego Xosé Blanco, coa confianza de regresar co compromiso da correspondente dotación económica que faga posible a execución desta obra.

4, Maio 2009

Non será "comisión de investigación", tal como propuxera o Bng e aprobara o Pleno da Corporación Municipal, o pasado 26 de marzo, senón "comisión informativa" que quedou finalmente constituída para aclarar os sucesos acontecidos na canceira do Carballiño, asi como outros aspectos sobre o funcionamento deste servizo e das obras executadas nesta instalcións municipais, nas que se investiron 250 mil euros, cantidade que algunhos grupos que realizaron un control e seguimento do proceso de licitación levado a cabo polo Concello Carballiñés elevan atá os 300 mil euros. Ademaís de recalcar que será "informativa" e non de "investigación", porque "non o permite o regulamento das administraccións locais", o Alcalde do Carballiño tamén aclarou que solicitou ós integrantes desta comisión que fagan as preguntan por escrito, antes da próxima reunión, que se convocará "canto antes".

Carlos Montes deixou tamén claro que será a él, como presidente da comisión, a quen lle corresponde e tén a potestade para citar a declarar a calquera persoa, aínda que en ningún caso estará obrigada a facelo. De feito, Montes asegurou que o Grupo Outeiro, que xestionaba a canceira atá que o Concello se fixo cargo o pasado 1 de xaneiro, non realizará ningún tipo de declaración ante a comsión se da mesma forma parte o concelleiro do Bgn Bernardo García. E aínda foi maís alá o Alcalde do Carballiño ( DECLARACIÓS EN AUDIO ) cando afirmou que esta comisión era "unha cortina de fume" impulsada por grupos ecoloxistas denunciados no Xulgado por Outeiro.

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Declaracións Alcalde do Carballiño

3, Maio 2009

Non sentou nada ben no Bng a hora fixada polo Alcalde do Carballiño para a reunión constitutiva da comisión de investigación sobre a canceira , ás nove da mañá deste lúns dia 4 de maio. E esto porque os dous representantes nacionalistas na comisión, Bernardo García e Maria Jorge, son funcionarios e o horario fixado polo Alcalde Carballiñés para a constitución desta comisión de investigación ocasionalles un contratempo. E pensan que non é unha casualidade, polo que lamentan esta actitude do Rexidor Municipal. A convocatoria chega con varias semanas de retraso, xa que o pleno da Corporación Municipal acordara que se constiuíse esta comisión ás 13 horas do dia seguinte ó da súa celebración, o pasado 26 de marzo,, ainda que xa na mesma sesión o Alcalde Carballiñés advertira que procedería a súa convotaria "cando llo permitise a axenda" e "sen ningún tipo de imposición".

E tiveron que pasar cinco semanas para que a "axenda" estivese libre, e tamén tiveron que pasar varios dias de protesta do voceiro do grupo "Matar por matar non" Xulio Fernández, que durante as dúas últimas semanas protagonizou unha simbólica e diaria protesta na praza maior, ás portas da Casa do Concello, demandando a convocatoria desta Comisión de Investigación, que fora acordada por unanimidade do Pleno Corporativo, e na que ademáis dos dous representantes do Bng, tamén figurarán os designados polo PP e PSOE, que xunto o Alcalde, sumarán sete membros.

O obxetivo desta comisión de investigación  será aclarar os sucesos ocurridos na canceira do Concello do Carballiño durante os dous primerios meses deste ano, despois de saberse dun informe do Seprona que certificou a desaparición de 76 cans destas instalación municipais, e puxo de manifesto diversas e graves irregularidades no funcionamento destas instalacións. Malia o informe oficial do Seprona e as denuncias de grupos ecoloxistas, os responsables municipais negaron  os feitos. Ademaís, nesta comisión, e por parte do BNG, tamén se pedirán explicacións sobre o investimento de trescentos mil euros, que son os que o Concello do Carballiño tería licitado nas obras de construcción destas instalacións, que atá fai unhas semanas carecían de suministro eléctrico e abastecemento de auga.

2, Maio 2009

O nomeamento de Rogelio Martinez como Delegado da Xunta de Galicia na Provincia de Ourense, fixo que o veterano político da Arnoia, ademáis de renunciar a Alcaldia do seu Concello, tivera que deixar vacante a súa acta de Deputado Provincial, asi como a Presidencia da Mancomunidade de Concellos do Ribeiro. E para cubrir ambas vacantes,todas as quinielas apostan por Franscisco José Fernández, o actúal alcalde de Leiro regresaría asi o Pazo Provincial como Deputado pola Comarca do Ribeiro, un cargo que xa ocupara durante unha lexislatura. Ademáis, todo parece indicar que Fernández terá que asumir a Presidencia da Entidade intermunicipal, responsabilidades que compatibilizará coa Alcaldia do Concello de Leiro.

De cumplirse estas previsións, como así parece que vai ser, Francsico José Fernández convertiráse no terceiro Deputado Provincial que representa o Partido Popular pola Comarca do Ribeiro nos dous anos de lexislatura. O primeiro elexido foi o Alcalde de Beade, Senén Pousa, que -asi o manifestara él mesmo- foino coa intención de ceder o posto a Rogelio Martínez, unha vez que se repetira  o proceso electoral no Concello da Arnoia, como asi resultou. Os poucos meses, Senén Pousa cumplíu a palabra e coa súa renuncia propiciara a elección do ex-alcalde da Arnoia como Deputado Provincial. Agora, tocalle o turno o rexidor municipal de Leiro, que se convertirá proximamente en novo Deputado Provincial.

30, Abril 2009

O Alcalde do Carballiño preguntouse hoxe onde están as irregularidades urbanísticas na rúa Avia, en contestación ás denuncias públicas que nos últimos dias veñen realizando veciños residentes nesta rúa. Montes asegurou que a edificación obxeto de polémica cumpre a normativa urbanística e o seu promotor incluso levou a cabo voluntariamente un retranqueo dun par de metros, polo que non entende as criticas veciñais. E tamén manifestou que a rúa terá un ancho de seis metros en todo o seu percorrido, tal como figura no Plan Xeral de Ordenación Municipal. Eso sí, haberá que esperar a que soliciten liña de edificación no solar máis próximo o paseo fluvial, xa que na actualidade "alí hai unha horta que terá que ceder unhos dous metros".

En relación o muro que se levantou por parte da Confederación Hidrógráfica con motivo da obra do paseo fluvial,e que impide o paso, deixando esta rúa sen saída , o Rexidor Municipal volveu anunciar que será derrubado proximamente, tan pronto se conte coa autorización da Confederación hidrográfica para actúar nesta zona, unha actuación que levará a cabo O Concello do Carballiño con medios propios, construíndo un acceso peonil ó paseo fluvial do río Arenteiro.

29, Abril 2009

Desta vez tampouco pudo ser. Malia o consenso que presidiu a sesión da Entidade Local Menor, e cando  os integrantes da Xunta xa daban por aprobadas as bases, tras diversas correccións presentadas no desenvolvemento da sesión, o Secretario da Entidade advertíu que non podía adoptarse o acordo sen que se procedese a unha nova redacción e, polo tanto, á votación sobre "un novo documento cerrado". Ademáis, tamén manifestou o Secretario que se trataba "dunhas bases moi complexas", polo que recomendaba remitir as mesmas ós servizos xurídicos da Deputación, para que poidan certificar a súa legalidade. Desta maneira, procederáse a corrixir a redacción das bases, naqueles aspectos que foron aprobados na sesión, para enviar despois o documento ós servizos xurídicos da Entidade Provincial.

As correccións aprobadas nesta sesión a petición do vocal socialista, Tomás Lorenzo, son para que figure nas bases e como obriga contraída pola empresa concesionaria,  que os veciños da parrroquia de Berán teñan un rexíme especial de prezos, con tarifas reducidas, para disfurutar das novas instalacións balnearias. Tamén que revirta na  Entidade tanto calquera tipo de mellora e o equipamento que se faga no balneario, no caso de rescisión do contrato de concesión, que será por un periodo de 25 anos. Tamén garantias que poñan a salvo a posible responsabilidade civil subsidiaria por parte da Entidade Local de Berán.

O futuro concesiorario, deberá abonar á Entidade cen mil euros á sinatura do contrato, e un canón de dezaoito mil euors ó ano, pagadeiros en dous prazos. Nesta sesión, o vocal socialista tamén amosou a súa inquietude pola posible construcción dun hotel ó lado do balneario, que se escaparía ó control da Entidade, polo que suxeríu negociar a posible adquisición dos terreos do entorno. O Presidente, José Luis Rodríguez, recoñeceu a complexidade da proposta.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Política