Política

16, Xullo 2012

O concello do Carballiño vén de asinar un convenio coa Secretaría do Estado de Facenda para a colaboración en materia de xestión catastral. Con este convenio os veciños e propietarios de bens no municipio do Carballiño non terán que acudir á Ourense para os trámites.

En concreto os asuntos que poderán resolverse xa no concello do Carballiño en materia de catastro serán a alteración da titularidade e variación da cota de participación en bens inmobles, con todo o que iso leva consigo como a adquisición ou consolidación da propiedade dun ben inmoble, a constitución, modificación ou adquisición dun dereito real de superficie ou usufruto ou outro dereito real de desfrute, ou dunha concesión administrativa. En definitiva todo o referente ao modelo 901-N no que tamén se inclúen a variación na composición interna ou na cota de participación de comunidades ou entidades sen persoa xurídica; e a variación na cota de participación dos cónxuxes en bens ou dereitos comúns.

Así mesmo, dentro do citado convenio, tamén se inclúen todas as xestións relativas ao modelo 902-N referente á nova construción, ampliación, reforma ou rehabilitación de bens inmobles. Dentro deste modelo inclúese a declaración da división horizontal e as modificacións de titularidade relacionadas coas alteracións anteriores.

Por último o convenio entre o concello carballiñés e a Secretaria de Estado de Facenda inclúe tamén as xestións dos modelos 903-N e 904-N, relativos o primeiro deles á agregación, agrupación, segregación ou división de bens inmobles, e o cambio de cultivo ou aproveitamento, cambio de uso ou demolición ou derrubamento de bens inmobles, que se inclúe, no modelo 904-N.

A todas estas xestións débese engadir todo o relacionado coa oficina de xestión catastral, que xa estaba a ofrecer o concello, e que se inclúe no mesmo convenio citado anteriormente.

Con esta actuación o concello pretende ofrecer maior comodidade e rapidez de xestión aos veciños do municipio que necesiten destes trámites, evitando xa que teñan que acudir a Ourense para resolver estes asuntos.

 

 

13, Xullo 2012

A idea dos responsables municipais é extender o ambiente festivo durante as datas previas ao segundo domingo de agosto, con actividades diarias para públicos de todas as idades.

Pretendese que a do polbo de agosto sexa a outra gran semana festiva do Carballiño, equiparandoa en ambiente ás festas do setembro. Para elo, instalaráse por vez primeira una iluminación artística nas rúas do Carballiño, e tamén por primeira vez celebraráse unha gran sesión de pirotecnia artística e incluso se instarán atraccións de feira.

O Alcalde Argimiro Marnotes avanzou que "cara próximos anos tratarémos de buscar un consenso cos grupos socias e políticos para fixar como festivo local ún dos dias anterior ou posterior ó segundo domingo de agosto, é unha posiblidade que lanzamos e haberá que madurar".

XOVES 2 DE AGOSTO:
11:00 HORAS PRESENTACIÓN LIBRO HOMENAXE OS PULPEIROS. CENTRO CULTURAL MARCOS VALCARCEL (OURENSE)
VENRES 3 DE AGOSTO:
19:00 HORAS I CAMPIONATO DE BILLAR POOLPO, NA PISTA VERMELLA
20:00 HORAS INAUGURACIÓN ATRACCIÓNS DE FEIRA
23:00 HORAS INAUGURACIÓN ALUMADO DA FESTA DO POLBO
SÁBADO 4 DE AGOSTO:
11:00 HORAS I CAMPIONATO DE BILLAR POOLPO, NA PISTA VERMELLA,
21:00 EXHIBICIÓN DE DAVID ALCAIDE, CAMPEON DO MUNDO DE BILLAR "LAS VEIGAS " 2012
23:00 HORAS ORQUESTRA NA PRAZA MAIOR,
DOMINGO 5 DE AGOSTO:
9:00 HORAS I ANDAINA FESTA DO POLBO, SAÍDA DESDE ARCOS, 16 Km
11:00 HORAS I CAMPIONATO DE BILLAR POOLPO, PISTA VERMELLA.
12:00 HORAS APERTURA FEIRA MOSTRA DE ARTESANÍA
17:00 HORASFESTA INFANTIL DJ TIBU, PULPOFLEXIA, PRAZA MAIOR
LUNS 6 DE AGOSTO:
11:30 HORAS, HOMENAXE CONFITERIA CERVIÑO 50 ANIVERSARIO, PRAZA PARDO BAZÁN
20:00 HORAS, ANIVERSARIO 200 ANOS CONCELLO E 150 CASA CONSISTORIAL, SALÓN DE PLENOS
21:00 HORAS CONCERTO BANDA ESCOLA MUNICIPAL, PRAZA MAIOR
MARTES 7 DE AGOSTO:
18:00 A 20:30 HORAS XORNADAS TÉCNICAS GASTRONÓMICAS SOBRE O POLBO, PRAZA EMIGRANTE
20:00 HORAS TAPA XIGANTE DE POLBO NA PRAZA MAIOR
MÉRCORES 8 DE AGOSTO:
11:00 HORASPRESENTACIÓN PROTOTIPO POSTO DE FEIRA I+D+I, PRAZA MAIOR
13:00 HORAS PROBA DE CALIDADE, PRAZA MAIOR
18:00 A 20:30 HORAS: XORNADAS TECNICAS GASTRONÓMICAS SOBRE O POLBO,  PRAZA EMIGRANTE.
22:30 HORAS XXIX XORNADAS DE FOLCLORE INTERNACIONAL, PRAZA MAIOR
XOVES 9 DE AGOSTO:
18:00 A 19:00 HORAS XORNADAS TECNICAS GASTRONÓMICAS SOBRE O POLBO,  PRAZA EMIGRANTE.
19:00 A 20:30 TALLER INFANTIL DE COCIÑA, PRAZA EMIGRANTE
23:00 HORAS ACTUACIÓN MAXIA, MEIGO MARTÍN CAMIÑA, PRAZA MAIOR
VENRES 10 DE AGOSTO:
11:00 A 13:00 HORAS EN BUSCA DO OCTOPUS PERDIDO, GRAN BALNEARIO (NENOS DE 6 A 12 ANOS)
19:00 HORAS XOGOS POPULARES PARA NENOS, PRAZA MAIOR
23:30 HORAS “O PULPO DE CADENA 100 ”, MÚSICA DJ E ESPECTÁCULO , PRAZA MAIOR
SÁBADO 11 DE AGOSTO:
20:00 HORAS CONCURSO CAMISETAS DAS PENAS XUVENÍS, PRAZA MAIOR ACOMPAÑADO POR BATUCADA. 
24:00 HORAS Iª TIRADA DE PIROTECNIA ARTÍSTICA FESTA DO POLBO,  E BATUCADA ANIMANDO A NOITE DO POLBO
DOMINGO 12 DE AGOSTO:
FESTA DO POLBO PARQUE MUNICIPAL.
11:00 HORAS DESFILE GRUPOS DO FESTIVAL FOLCLORICO DA FESTA DO POLBO
11:45 HORAS INICIO DO FESTIVAL FOLCLÓRICO NO ESCEARIO DO PARQUE MUNCIPAL
13:30 HORAS RECEPCIÓN DE AUTORIDADES NA CHAIRA DO PARQUE MUNICIPAL
14:30 COMIDA NO RECINTO OFICIAL DO PARQUE MUNICIPAL
19:00 HORAS PARTIDO DE FUTBOL EN ESPIÑEDO : C.D. ARENTEIRO - CORUXO C.F.(2ª DIVISIÓN-B)
 20:30 E 23:30 HORAS, ORQUESTRA NA PRAZA MAIOR

FEIRA MOSTRA DE ARTESANÍA DESDE O DOMINGO 5 DE AGOSTO ATA O DOMINGO 12 DE AGOSTO NA PRAZA PARDO BAZÁN E TRAMO FINAL DA RÚA  ROSALÍA DE CASTRO

DESDE O 9 DE AGOSTO ATA O 11 INSTALARANSE AS PULPEIRAS POR TODO O CARBALLIÑO, NOS SEUS LUGARES HABITUAIS DAS FEIRAS.

EXPOSICIÓN DOS CARTEIS DÁ FESTA DO POLBO NA PRAZA MAIOR DO CARBALLIÑO.

10, Xullo 2012

Vivironse momentos de bastante tensión, aínda que o persoal do centro xeriátrico conseguíu desaloxar en pouco tempo as persoas residentes, sen que ningunha delas resultase afectada polo fume.

O sinistro, tivo a súa orixe ao prender lume nunha secadora ubicada no soto da residencia de maiores "Nosa Señora da Sela", sita nas inmediacións do centro de saúde do Irixo, no lugar das Laxas.

Minutos despois das 4 da tarde solicitouse a intervención de Emerxencias O Carballiño, que desplazou atá o lugar dúas motobombas e  a situación quedou controlada  en pouco tempo. As persoas maiores que residen no centro permaneceron nas aforas das instalacións mentres non se recuperou a normalidade.

 

9, Xullo 2012

A Directora Xeral de Turismo confirmou que "nun tempo record conseguíuse que a festa do pulpo sexa declarada de interés turístico nacional".

Carmen Pardo deu a coñecer a noticia no transcurso da inauguración da exposición de carteis dos 50 anos da festa, que colgan dos balcóns da Praza Maior do Carballiño.  A responsable de turismo da Xunta manifestou que "o mérito desde logo é da corporación local e do seu Alcalde, que conseguiron presentar toda a documentación requerida polo ministerio".

"A festa do pulpo é unha gran embaixadora do Carballiño, ademáis dunha gran oportunidade para este xeodestino turístico", dixo a directora xeral.

O Alcalde agradeceu a todos os veciños que fixeron posible esta exposición, aos que cederon os balcóns na Praza Maior e aos que cederon algunhos dos carteis "que gardaban nas súas casas e poidemos asi recuperar". Marnotes tivo tamén un especial recoñecemento para Felipe Luis López e o seu fillo Felipe Senén López, que desinteresadamente foron os autores dos carteis durante os 50 anos de historia da festa.

Precisamente, Felipe-Senén, que participou no acto en compañía de varios familiares, tivo unha emotiva lembranza para os precursores da festa nos anos 60 do século pasado "para aqueles homes que daban todo o que se lle pedía cando había bastantes máis problemas, Ramón Valeiras, Luis Padrón -que era periodista- e o meu pai, naquéla primeira festa na que servimos os fitos dos concelleiros e os fillos dos empregados municipais". Referíuse ao presente da festa do polbo como un "recurso identitario do Carballiño, unha parte moi impotante da marca O Carballiño", enfatizou.

8, Xullo 2012

Asi o manifestaron a esta emisora de radio, tras varias reunións mantidas nos últimos dias e varios escritos dirixidos ao Alcalde de Punxin, ao que mostraron a súa indignación polo incremento das taxas, de ata un 339 % no último ano.

A polémica polo aumento no recibo da auga no municipio de Punxin vive un novo capítulo: os veciños máis críticos amenazan agora con non pagar a factura e devolver os cargos bancarios.

Os veciños manteñen que as taxas municipais reguladoras do abastecemento e depuración de auga son abusivas "xa que en cuotas fixas son un 48% e un 112% máis altas en Punxín en relación ás dos concellos veciños de Ribadavia e O Carballiño, e un 88% e un 100% máis altas en taxas variables tamén comparadas cos mesmos concellos". En cuotas fixas pasouse de 6,68 euros a 22,66 por trimestre, mentres que as taxas variables aumentaron o custo do metro cúbico de auga en todos os tramos nun 100%.

Desde o actúal grupo de goberno do Partido Popular cúlpase da situación ao anterior goberno socialista, que privatizou o servizo e contratou coa empresa adxudicataria en base a unhos prezos pola xestión do servizo. Non obstante, veciños do municipio entenden "que o novo goberno xa tivo tempo suficiente de rectificar e buscar unha solución, defendendo os dereitos dos veciños, porque esto é un abuso en toda regla, se non revisan as cuotas estamos dispostos a insubmisión", afirman.

 

 

6, Xullo 2012

Trátase dunha peza artística da que é o seu autor o escultor Acisclo Novo, mostra na súa base unha tallada de polbo da que sae un "palillo" de grandes dimensións no que pode lerse "festa do pulpo, O Carballiño, 2º domingo de agosto".

A idea expresada polo Alcalde do Carballiño é "que esta escultura sexa unha imaxe permanente da festa do pulpo, que sexa visible durante todo o ano como reclamo do noso patrimonio gastronómico e cultural, naqules sitios máis visibles, é unha peza que lucirá moi ben ás portas dos establecentos da nosa vila", dixo Marnotes.

O escultor e veciño de Viduedo, Acisclo Novo, referíuse á festa do polbo "na que se degusta o plato maís democrático, onde o estudiante se xunta có comerciante e o político coa ama de casa e todo o mundo come o pulpo da mesma maneira, a festa é algo que está dentro do ADN social e cultural do Carballiño", ésta é precisamente -dixo- a idea e a enerxía que pretende transmitir esta peza " a enerxía da solidariedade e a idea de que todos podemos xuntos pasar un bó rato".

A "tallada" está feita en poliester e madeira de freixo policromada. Os hosteleiros, comerciantes, empresarios e veciños interesados poderán adquiríla a un prezo de 412 euros.

 

 

 

6, Xullo 2012

O grupo municipal socialista entende que despois dun ano de goberno do Partido Popular "o único que se fixo foi empeorar a situación e vanagloriarse de non haber aplicado a ORA".

Recordan os socialistas que a implantación a ORA era unha "demanda da Asociación de Comerciantes do Carballiño e do Centro Comercial Aberto, polo que estaría ben que se houbera  aportado algunha outra proposta  alternativa".

Tamén critican desde o PSdG a interpretación que se fai da ordenanza de carga e descarga "proposta polo daquéla concelleiro de tráfico do grupo socialista José Antonio Barge, e aprobada co apoio dos tres grupos políticos e que non obstante o Partido Popular tardou trece meses en aplicar, polo que agardamos que dunha vez se faga de forma rigorosa e seria", manifestan.

5, Xullo 2012

O Alcalde do Carballiño agarda que o comezo da obra sexa inminente, de tal maneira que "estea rematada a finais deste mesmo ano, éste é o compromiso da da empresa", asegurou Marnotes.

Os responsables municipais agradeceron "a colaboración dos anteriores redactores do proxecto, retirandose do mesmo, porque se non fose asi seguramente plantexaríase un pleito que tardaría unhos anos en resolverse".

Os aspectos máis relevantes do novo proxecto para a construcción desta praza no contorno da Veracruz,, que foi presentado á veciñanza nun acto celebrado na casa da cultura, son os seguintes:

1. Conservación integral da zona axardinada existente ao sur do templo: parterres, paseos, vexetación e escalinatas.
2. Muro de silleria existente, que delimita as zonas axardinadas citadas pola rúa dos Canteiros, conservando o estado e trazado actual
3. Rectificación do trazado dos pavimentos das beirarrúas da rúa dos Canteiros, adaptado ao muro que se mantén. Corrección da aliñación da beirarrúa no tramo superior da rúa dos Canteiros, e calzada adoquinada.
4. Reserva dunha zona para actos públicos na confluencia da rúa dos canteiros coa rúa Antonio Palacios, aproveitando o desnivel existente con escalinatas a modo de bancadas.
5. Tratamento da zona norte do templo con zonas axardinadas, similar á existente na zona sur, con xardíns e paseos, evitando o uso de formigón prefabricado nos paseos. Os bordos e pavimentos das beirarrúas do vial novo serán de pedra.
6. Enlace entre as rúas Evaristo Vaamonde e Florentino López Cuevillas con uso exclusivo peonil e supresión das beirarrúas, con unificación dos espazos verdes en ambos os dous lados.
7. Execución dunha rampla de acceso ao Templo con pendentes adaptadas en substitución da actual, cun tratamento de lousado de pedra nos pavimentos da rampla e das zonas de conexión co templo e coa rúa Evaristo Vaamonde. Demolición do muro de formigón existente na rúa Evaristo Vaamonde e na parte inferior do novo vial ata quedar enterrado polos noiros.
8. Redución do ancho do vial que une a rúa Evaristo Vaamonde coa praza de San Ramón, de dimensión máxima de 8 metros, incluidas as beirarrúas. Pavimentado de adquinado similar ao da rúa dos Canteiros.
9. Reposición da capacidade de resistencia do terreo na cimentación do templo, realizando un zuncho perimetral e resolvendo a canalización de pluviais fose da cimentación para evitar a entrada de auga na igrexa.

4, Xullo 2012

O BNG de O Carballiño presentou no Concello unha moción para denunciar que a Xunta ten recortado en 61 millóns de euros as axudas ás corporacións municipais para políticas activas de emprego e para a contratación de paradas e parados.

A portavoz municipal do BNG, Àurea Francisco Lorenzo manifesta que “esta drástica redución dos fondos públicos aos concellos para combater o paro é especialmente antisocial nun momento en que, precisamente a consecuencia das políticas despregadas polo PP en Galiza, o paro no noso país medra a un ritmo superior do que no Estado”.

Ademais, Àurea Francisco  dixo que “neste contexto resulta absolutamente inconcebíbel que se reduzan as partidas económicas que permitían aos concellos desenvolver políticas activas de emprego, actividades de formación e contratación de parados e paradas en servizos municipais”.

Finalmente, Àurea Francisco  declarou que “o Partido Popular, por tanto, insiste en políticas contrarias ás maiorías sociais e contrarias a calquera hipótese de saída xusta da crise. Non só recorta as axudas para a creación de emprego, senón que, mediante a contrarreforma laboral, ten abaratado o despedimento, o que até agora se ten traducido, como advertía o BNG, nun brutal incremento do desemprego tanto en Galiza como no Estado”, remarcou.

2, Xullo 2012

Os socialistas de Leiro pediron ao alcalde que se lles informe por escrito sobre o futuro próximo do colexio público e a posible reagrupación de alumnos e supresión dunha aula.

O portavoz socialista, Manuel Rodríguez Vázquez, preguntou entre outros temas polas brigadas de cooperación, da que a piques de rematar o mes xuño aínda non se sabe nada, salvo a redución prevista polo Goberno central dun 75% do orzamento para estos programas.

 Rodríguez acusou de facer demagoxia ao alcalde respecto da reapertura do antigo Balneario de Berán, ao que nun momento se negou porque supostamente as cañerías estaban oxidadas, cando a realidade é que a súa nefasta xestión fixo que durante anos estiveran pechadas estas instalacións e as novas estean en mans da Xustiza.

 Ademais, os socialistas criticaron as normas provisionais sobre o uso de terrazas para bares e cafeterías, que deberían estar regulamentadas por unha ordenanza municipal,  e pediron “que a próxima Festa da Vendima non se converta de novo nunha festa do Partido Popular”.

O ALCALDE ATRIBÚE AS MANIFESTACIÓNS SOCIALISTAS A " UNHA CAMPAÑA DE INTOXICACIÓN "

O Alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, difundíu un comunicado de prensa no que "fai saber que consultada dita información relativa á posible supresión dunha aula no colexio público de Leiro ante á Consellería, a mesma resulta errónea, xa que non se pretende suprimir ningunha aula no colexio público Emilia Pardo Bazán de Leiro e ademáis espérase que para o próximo curso escolar aumente o número de escolares, circustancia que non se dará na maioría dos municipios da zona, o que augura a continuidade do noso colexio", suliña.

"Por todo isto, o que se aprecia é a mala fe do grupo socialista de Leiro, e sobre todo a falta de interese por contrastar a información derivada de rumores e facilitada aos medios en nome da veciñanza de Leiro, e con único fin de continuar coa súa campaña de intoxicación dirixida á poboación de Leiro, son unhos auténticos intoxicadores ", manifesta o rexedor municipal.

 

 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Política