Política
Comezaron os traballos que se inclúen dentro do acordo ao que chegaron a Deputación e o concello do Carballiño, dirixido principalmente á reparación e mellora de varias rúas e camiños do municipio.
As primeiras actuacións leváronse a cabo na rúa Serra Martiñá, onde se executaron traballos de tratamento integral do asfaltado, e corrixiuse un problema existente na zona coas augas pluviais, colocando unha nova canalización para recoller estas augas.
Os traballos extendese á rúa Beariz, onde ademais do tratamento integral do asfaltado se está a proceder ao ancheado nalgunhas zonas para mellorar a circulación, tanto de vehículos coma de peóns. Dentro do mesmo acordo coa Deputación vanse levar a cabo outras actuacións nas rúas Leiro, Castelao e Corzos. En todas estas rúas executaranse os mesmos traballos de asfaltado, canalización de pluviais e ancheado onde sexa necesario. Na rúa Castelao executaranse tamén tarefas de rebacheo.
Este acordo coa Deputación consiste en que a institución provincial achega a maquinaria e os operarios especializados nas tarefas concretas a realizar, e o concello achega o material. Co que o concello pode executar unhas obras necesarias, e solicitadas polos propios veciños, a un custo reducido. As obras antes mencionadas non serán as únicas que se executen dentro deste convenio, pendentes só do plan de actuación que propoña o concello e o calendario de actuacións da Deputación
As Secretarias de Medio Ambiente e Medio Rural do PSdeG, Susana Bayo e Ana Doval, protagonizaron o acto "Enarborar o Bosque" que en defensa do medio rural galego que tivo lugar no concello de Beariz.
O PSdeG-PSOE reclama ao goberno Feijóo, e en concreto ao departamento de Medio Rural, que non mire para outro lado ante a petición dos grupos da oposición e de numerosos colectivos sociais para que retire a Lei de Montes que se aprobará a finais deste mes. “Unha lei que abre a porta a especulación co noso patrimonio ambiental e que non valoriza os recursos forestais”, afirman.
Precisamente cando o goberno galego acaba de publicar o decreto para a declaración da tempada de risco de incendios na nosa comunidade, os socialistas recordan que o PP non quixo aceptar o Pacto polo Monte Galego presentado polos Secretario Xeral dos Socialistas Galegos, Pachi Vázquez, que recollía medidas para a prevención dos lumes e para unha maior coordinación dos efectivos dispoñibles en época de crise. Neste punto recordan que "por cada euro que se destina a prevención, gástanse 3 en apagar incendios e 1,5 en rexenerar o monte ardido".
A responsable de Medio Rural, Ana Doval considera que “nun momento no que a crise e unha maior conciencia ambiental están a provocar un tímido retorno ao medio rural, o Goberno galego debe artellar medidas que respondan ás demandas actuais, en lugar de gobernar cun programa electoral de hai 8 anos que non ten solucións nin propostas de ningún tipo para problemas como a seca, a necesidade de maior superficie agraria para os gandeiros ante os retos da PAC, ou o millón de hectáreas abandonas de monte en Galicia”.
ENARBORAR O BOSQUE é unha actividade organizada por varios colectivos medioambientais e culturais co obxectivo de facer unha defensa do medio rural en Galicia, e en concreto na Terra de Montes. Este ano queren manifestar a oposición a unha posible mina a ceo aberto no concello de Beariz e parte de Forcarei, u proxecto no que está interesado unha multinacional canadiense, que está levando a cabo prospeccións nunha área de 3.690 hectáreas entre as parrquias de Rubillón e Presqueiras. Tamén denuncian a tala indiscriminada de especies protexidas por parte do concello de Cerdedo.
A Casa da Cultura do Carballiño acolleu a primeira Convención de Populares do Carballiño, a que asistiu tamén o presidente provincial do PPOU, Manuel Baltar, quen deixou claro que “esta é a primeira convención do partido politico que mais se parece á sociedade do Carballiño ".
O obxecto desta xuntanza foi dar conta, por parte dos membros do Goberno Municipal do Carballiño, da xestión levada a cabo neste primeiro ano de mandato. Asemade, tamén serviu para que os afiliados, militantes e simpatizantes populares aportasen ideas e suxerencias ao alcalde e mailos concelleiros.
O alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, deu as grazas ao público asistente e aos membros do eu equipo de goberno, lembrando "o incansable traballo que se está levando a cabo a prol dos intereses do Carballiño". Tamén recordou os avances que se están desenvolvendo en política de Persoal do Concello (área asumida dende a Alcaldía), así como coa necesaria Auditoría para coñecer o estado real do Concello: “Era un clamor na rúa, era unha promesa e é unha realidade, pero o seu resutado é unha cruda realidade. Catro milons de débeda financiera, 2,8 millons de débeda a proveedores, e tres millóns que temos que dar por prescritos por unha deficiencia no sistema de cobro. Esto tradúcese nun problema de casi 10 millons. Para unhs seica é pouca débeda. Pero para nos é moito. So é pouca débeda para os que ata ese momento tiveron a desfachatez de ter un gran número de facturas ata sin dar por boas, cando o traballo está realmente executado, xa non digo pagadas, pero alomenos recoñecidas. Menos mal que nos somos xente de tirar para diante, que si nos temos que parar nalgunha desas facturas non avanzamos, só nos enzarzamos, e ese non é o noso estilo”, sinalou o rexedor, “feita a auditoría aparece o plan de pagos a proveedores, que sendo que sabemos que é un sacrificio para todos os veciños do pobo pois temos que pagar 1,6 millons a 10 anos, o certo é que si este plan non existise, os provedores terían moi complicado poder cobrar do Concello nun tempo prudente. É un plan do que alguen da oposición chegou a decir que era incrementar a débeda, como si so se puidese contar como débeda o que se lle debe aos bancos, como si eses mesmos euros debidos a empresas non fose débeda. Así lles ía aos proveedores”.
Tamén explicou Argimiro Marnotes a actual xestión económica, coa recente aprobación dos orzamentos que baixan un 15% pasando de 10 millons a 8,2 millons, e mellorando as actividades que se viñan facendo, e conseguindo que por primeira vez logo de moitos anos o capítulo 1 dos orzamentos referido a gastos de persoal, xa non sexa o capítulo mais elevado do orzamento do Concello do Carballiño. “Estamos a facer mais con menos, demostrando que non por gastar mais se poden facer mellores cousas, senón que gastando con criterio, se gasta menos e se poden facer mais e mellores activiades e servicios. Estamos a aforrar en múltiples aspectos, dos que seguro xa vos diron boa conta. Facemos descontos por domiciliar recibos, e o que tamén é importante procuramos poñer ao día os cobros, para que todos paguen, pois é de xustiza que así sexa, asunto este que non estaba a suceder”, sinalou o alcalde.
Por último, Argimiro Marnotes agradeceu a súa presencia e colaboración dende a Deputación ao presidente provincial, Manuel Baltar, afirmando que “hoxe O Carballiño está incorporado á recollida de residuos solidos urbans xestionada pola Deputación e o servicio mellorou moitísimo, sin ter incremento de coste para os usuarios. sabemos da pronta incorporación da canceira como canceira piloto para a rede provincial de canceiras. A colaboración da Deputación en diversas actividades ao longo deste ano como formación, ou turismo co congreso internacional que se celebrará en Novembro, ou as máquinas da deputación que xa traballan nas nosas rúas, entre outras, foron, son e serán importantes para Carballiño”, anunciando para finalizar que “facémonos partícipes do PLAN 92 da Deputación de Ourense como parte dese 92 eue somos todos os concellos da Provincia e sabes que colaboraremos para que os servicios se poidan optimizar, pois é imprescindible para sobrevivir. O Carballiño, nese senso está a facer o posible para unha pronta incorporación na mancomunidade que leva o seu nome e que esperemos que para principios do vindeiro ano sexa unha realidade.”
Aconteceu na noite- madrugada deste xoves 14 de xuño, os ladrós conseguiron entrar en dous locais das galerias Ango e noutro máis sito na rúa Principal do Carballiño.
Nos tres casos, os ladróns accederon ao interior dos establecementos tras forzar a porta de entrada. Na tenda de chucherías "Golosos", nas galerias Ango, levaronse 700 euros en diñeiro efectivo, tras esnaquizar a caixa rexistradora. Nestas mesmas galerias comerciais, a escasos metros, entraron nunha perruquería, da que se levaron 30 euros en moedas.
Finalmente, un 3º roubo cometeuse esta pasada noite na tenda de roupa "Urban", na rúa Tomás María Mosquera. Tamén neste caso, o único que lle interesou aos ladróns foi o diñeiro, apoderandose do que atoparon na caixa rexistradora deste comercio.
A maior contía, algo máis dun millón de euros, destinase á contrucción dun centro de día na localidade de Leiro. Tamén reciben achegas económicas as residencias de maiores e tempo libre do Carballiño, e un proxecto medio-ambiental nos municipios do Irixo e Avión.
As distintas asignacións económicas fixanse nunha resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e Política Forestal, do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, e que se materializará por medio dun convenio coa Xunta de Galicia, para a execución de accións de dinamización das zonas rurais.
No municipio do Carballiño, destinanse 652.000 euros para a instalación de maquinaria e equipación na Residencia de Maiores, construída no Cornubal. O edficio, promovido na etapa do bipartito, atópase rematado desde fai dous anos, e desde entón permanece sen actividade. A Xunta aínda non aclarou a súa funcionalidade, aínda que inicialmente fora concebida como unha residencia para dar asistencia a persoas dependentes.
O convenio fixa unha contía de 342.000 para a Residencia do Tempo Libre. O Alcalde, Argimiro Marnotes, avanzou no transcurso dunha intervención en COPE O Carballiño "que se trata de achegas económicas finalistas, polo tanto terán que ir destinadas as actuacións concretas que se fixan no convenio, e no caso da Residencia do Tempo Libre, será para acometer obras de modernización nas súas instalacións". Marnotes tamén confirmou que, cunha achega de 27.900 euros, vai realizarse unha adecuación no Centro Socio-Comunitario do Carballiño.
ACTUACIÓNS MEDIOAMBIENTAIS NOS MUNICIPIOS DE AVIÓN E O IRIXO
Os Montes do Testeiro, no Irixo, e a Serra do Suído, no municipio de Avión, que forman parte da Rede Natura, beneficiaránse dunha actuación que terá como obxetivo a reforestación destas zonas, que se completarán con traballos de desbroce e limpeza, nos que se investirán 550.000 euros.
CENTRO DE DIA PARA AS COMARCAS DO RIBEIRO E O CARBALLIÑO
O proxecto promovido polo Concello de Leiro recibirá ún millón 4 mil euros con destino á contrucción e equipamento dun Centro de Dia de atención ás persoas maiores, que ofrecerá este servizo ás dúas comarcas.
O Alcalde da localidade, Francisco Fernández, manifestou en COPE O Carballiño a súa satisfacción "porque con esta noticia podemos xa confirmar que en 2014 estará aberto este centro de dia, tal como tiñamos comprometido". O Centro terá unha capacidade para 79 prazas, e ubicaráse nun solar na rúa Gabino Bugallal, a altura da estrada de Osebe, na propia vila de Leiro. Os terreos xa foron postos a disposición da Xunta polo Concello de Leiro.

O proxecto nace na necesidade do colexio público de Maside por pintar a superficie das paredes do pavillón polideportivo do colexio.
A actividade realizarase o día 18 de xuño. Óptase pola creación e organización dunha xornada lúdica destinada ós alumnos do colexio, na cal durante o discorrer do día poderán ver en directo como un grupo de graffiteiros experimentados dan forma a un mural no lateral do pavillón.
Un total de 6 artistas urbáns intervirán no mural e os rapaces poderán facer o mesmo na parede do fondo, sendo sempre supervisados polos titores e axudados ou ensinados na técnica do spray por algún dos artistas invitados en momentos puntuais ó longo do día.
Ademais, disfrutarase da música urbana de moda coa colaboración dunha discoteca móbil no recinto para ambientar ó evento.
A xornada rematará co fin do horario lectivo. A temática do mural será relacionada co deporte, deixando liberdade de creación ós artistas, pudendo estes introducir graffiti, entendendo esta palabra como seu significado máis puro, que non é nin máis nin menos que unhas letras feitas cun estilo determinado e moi coidadas tanto formal coma esteticamente, así como en cuestión de cor e plasticidade.
Asi se desprende dos datos oficiais da oficina pública de emprego correspondentes ao pasado mes de maio no ámbito dos 9 concellos da comarca do Carballiño.
A única excepción desta tendencia á baixa é a do Concello de Beariz, onde o paro incrementouse no último mes noutras catro persoas, mentres que en Punxín non se rexistraron variacións con respecto ao mes anterior, o de abril, e mantense igual número de parados.
No municipio do Carballiño, o paro descendeu en maio un 3,69%, 59 persoas conseguiron traballo. Delas, 28 no sector servizos, 16 na construcción, 6 na industria, 6 sen emprego anterior e 3 na agricultura. Tras esta última actualización, a cifra de persoas inscritas como demandantes de emprego no municipio do Carballiño quedase nas 1.541.
No resto dos concellos, rexistrouse esta mesma tendencia de descenso do paro, aínda que con cifras simbólicas. En Maside asinaronse 7 contratos de traballo, 6 en Piñor, 5 no Irixo, 3 nos municipios de San Cristovo de Cea e Boborás,e finalmente 1 en San Amaro.
Os socialistas congratúlanse do anuncio feito por parte dos responsables municipais sobre a previsión "de que as obras estarán rematadas no mes de Novembro, sinceramente desexamos que asi sexa", afirman.
Tamén manifestan desde o PSdeG-PSOE do Carballiño que "vai a continuar coa súa laboura de oposición responsable e ao contrario do que fixo o PP cando non gobernaba, non imos poñer ningún tipo de trabas para o proxecto que se leve a cabo, non imos pedir parkings subterráneos, non imos pedir viais de máis metros", non obstante gustaríalle aos socialistas "saber destas ideas que o señor Marnotes defendeu con tanta forza antes de ser Alcalde".
"O que Marnotes esquece, é que a diferencia del mesmo, a xente ten memoria e os carbaliñeses saben perfectament quen foron os que traballaron por embelecer o entorno da Veracruz durante anos, con difíciles expropiacións, saben quen conseguíu fondos da Xunta, concedidos na etapa do bipartito, quenes emprenderon todo o proxecto e on o culminaron por cumplir coa súa obriga de escoitar aos veciños que discrepaban", suliñan.
Finalmente, os socialistas piden a Marnotes que faga o que o propio Alcalde demandaba no seu momento sobre este proxecto de urbanización do contorno da Veracruz "a presentación previa do que se ía facer nunha maqueta, agardamos que por unha vez sexa fiel a súa palabra e elabore esa maqueta que evitaría novos conflictos e permitiría que todos e todas podian ver con antelación como vai quedar un dos entornos máis emblemáticos cos que contamos", conclúen.
Os socialistas de Leiro pediron por escrito ao alcalde que acondicione a estrada que une os pobos de Paredes e Orega. Afirman que o vial atópase“nun estado lamentable polas múltiples deficiencias que presenta, con grandes buratos de constitúen un perigo para a circulación de vehículos”.
O portavoz socialista, Manuel Rodríguez Vázquez, convida ao alcalde a investir o famosos superávit do que presume, que ascende a case 130.000 euros, en servizos básicos necesarios para os veciños, porque dita cifra provén dos impostos que os veciños pagan, e non da súa conta de aforro do banco.
“Parece que o diñeiro do Concello lle pertence ao alcalde, pero pertence aos veciños, el está só para xestionalo, e é o seu deber mellorar os servizos municipais e neste caso mellorar unha rúa que presenta graves deficiencias”, afirma.
Os socialistas denuncian que hai pobos “totalmente abandonados” polo grupo de goberno municipal, baixo a escusa de non endebedar o concello cando en realidade se trata de obras de pouco custe que se pagarían no propio exercicio.
Como exemplo deste abandono está o feito de que nin sequera hai sinalización algunha que identifique o pobo de Orega, algo que tamén reclaman os veciños.
“Non cremos que arranxar esta vía vaia supoñer a ruína do Concello”, sinalan, “simplemente se trata dun exemplo máis da ineptitude do alcalde e do Partido Popular a quen non lle importan en absoluto os problemas dos cidadáns”, engaden.

Baixo o lema "Se queres unha boa vida, aposta pola ecoloxía" tivo lugar a "VI convivencia de Educación Infantil" no campo da festa de Loureiro - O Irixo. Na iniciativa participaron os colexios de Maside e Dacón, Padrenda-Crespos e Cortegada.
A convivencia tivo como temática central a defensa dos productos ecolóxicos que coa axuda das mascotas, Xurxo e Sabela, e a través de diferentes talleres, exposicións e coa visita á cooperativa Santa Mariña de Loureiro, ensinando a valorar os productos naturais e ecolóxicos, tan ameazados nos nosos días na comarca do Carballiño.
Os nenos e nenas puderon elaborar marmelada con froitas naturais, degustar productos ecolóxicos (mel, queixo, leite...), participar nun contacontos, facer manualidades e disfrutar dun teatro musical. Ao mesmo tempo que coñeceron un chisco máis a nosa cultura a través da interacción con apeiros e vehículos agrícolas.
Dende os distintos centros educativos pretendeuse que ademais de disfrutar dunha lúdica xornada de convivencia, aprenderan a importancia que a ecoloxía ten sobre a saúde.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 80
- 81
- 82
- 83
- 84
- 85
- 86
- 87
- 88
- …
- seguinte ›
- última »