Denuncias

O meu nome é Ana Belén, e son veciña de punxín aínda que por motivos laborais resido en Pontevedra. O motivo de trasmitir estás palabras a modo de denuncia nesta web, é porque aquí, en Pontevedra, non teño esa opción.
Desde o Colectivo Veciñal Carballiño queremos facernos eco dunha queixa que, de xeito reiterado, estamos a recibir por parte dunha gran cantidade de cidadáns nestes últimos días pola insoportable calor que teñen que soportar os pacientes e acompañantes que acoden ó Centro de Saúde da nosa vila.
Boas. Parece ser que hai algo de desorientación á hora de buscar o proxecto da liña de alta tensión que afecta ao noso concello xunto con outros da contorna. Pois nada, explico onde miralo. Se imos a este enlace: 
Como cidadán do Carballiño interesado na preservación e defensa da simboloxía do noso concello, solicito a Restauración e posterior revisión do vello escudo do noso concello, mantendo a súa forma barroca e incorporando nel e de forma máis digna as "innovacións" heráldicas da actual versión (como o carballo co mesmo número de follas que parroquias ten o municipio, e a incorporación dos elementos
Se vostede conseguiu ver o " expediente dos eólicos" no mesmo está, sí ou sí, o trazado das liñas de alta tensión, xa que forman parte do proxecto. O expediente son miles de páxinas, que pode vostede consultar no mesmo enlace do BOE onde supoño que viu o dos eólicos. 
Hai que falar ben claro. Son veciño de San Fiz do Barón dende fai moitos anos e dicir que non houbo queixas polas dúas liñas de electricidade que atravesan o pobo é faltar a verdade. Pola primeira, a que ben da central de Cabanelas, vaia se houbo queixas xa que atravesa o pobo  polo medio e por riba de viñedos e fincas productivas. Inda eran tempos da dictadura e as queixas ian como ian.
Acabamos de recibir Unha clase maestra de parte da denuncia mencionada do que é desinformar. Ou para entendernos mellor, unha mostra de que quen está menos informado, é o mesmo que adoita creer que o sabe todo e ven a darnos leccións ao resto. 
Esta ben que a xente fale e diga que os veciños de Banga non queres seica unhos eólicos ou algo asi,non son eólicos,son postes de rede eléctrica e non pasan nin polo pueblo,xa hay un que pasa por Cansansedo e Banga e ahi nadie se queixou en anos e ágora si que nin pasa nin cruza o pueblo.
Estamos a só uns días de entrar no mes de agosto e achegámonos á semana grande do Carballiño, a do Pulpo. Por sorte, e a pesares do desgoberno que padecemos, a afluencia de turistas é notable, coma tódolos anos e ben se nota en factores coma a gran número de vehículos que circulan a diario polas nosas rúas e avenidas.
Vou facer un breve repaso da situación da comarca baseada na miña experiencia

Deportes

Debut de Juanfran como novo adestrador do Arenteiro con empate ante o filial do Real Madrid en Espiñedo e nun partido no que os verdes fixeron méritos suficientes para gañar os 3 puntos, despois de remontar o gol inicial dos madridistas e ver como xa no minuto 85 chegaba o empate.
Difícil de explicar como un equipo pode cambiar tanto dun a outro partido, pero de ver ao Arenteiro que xogo ante Avilés ou Tenerife a este outro de Talavera ou O Couto vai un abismo. Un equipo sen órden nin concerto que foi superado por un Ourense que precisou moi pouco para levarse un partido que estaba marcado en vermello ante un rival directo. 

Páxinas