Denuncias

Bos días. En relación coa polémica que se xerou tras comentar nunha tertulia da Cope unha das persoas participantes que no IES Nº 1 estaban pechados os baños con chave, que había que solicitar en conserxería, incluso o papel hixiénico, gustaríame comentar o seguinte:
Vista a problemática cos baños do instituto de señorin informar que os baños da estación de tren continúan pechados. E alí non hai a quen pedirlle a chave. Vergonza. 
Ademais de ter que pedirlle a chave a conserxe para ir ó baño tamén hai que pedirlle o papel. O meu fillo unha vez tivo que pedirlle que lle dera mais. Unha situación case denigrante. Se un rapaz vai apurado e non está a conserxe, ten que esperar a que apareza. Ben podería ter a chave o profesor que o deixa ir.
Buenos días, como madre de un alumno del IES Nº 1 de Carballiño, confirmo que los baños están cerrados y que hay que estar pidiendo las llaves, cosa que no me parece muy normal que tengas que dar explicaciones de cuales son los motivos por los que quieres ir al baño. Todo esto sin contar en que como estés malo y tengas una apurada no llegas al baño.
Vista a polémica cos baños no IES N1 do Carballiño quero dicir que o de pechar os baños con chave xa ven de tempo atrás, esta mala práctica comezou no 2020 co pretexto da pandemia, e solo os abrían nos recreos, se alguen necesitaba ir o baños durante as clases tiña que pedirlle a chave a conserxe,  o cal e incómodo, ilegal e problemático se xusto nese momento a conserxe non esta no seu posto, n
Dacordo totalmente coa folga pola situación da atención primaria do Carballiño. Un escándalo Espazo común e BNG teñen que moverse neste tema tan importante para os vecinos Da coalición Frankenstein PSOE-PP, pouco podemos esperarr??
Como propietaria de unha mascota pareceme vergonzosa a irresponsabilidade de algunhas persoas, que non recollen os excrementos dos seus cans. Algunhas rúas dan noxo cheas de excrementos por todos lados. Non custa tanto levar unhas bolsiñas e recoller. De verdade non hai civismo nin respeto por os demais. Se tes un can ten responsabilidade das suas necesidades.
Como paciente do Ambulatorio do Carballiño, insisto en que temos que sair a calle e protestar por unha Sanidade Pública de Calidade; temos que loitar por un ben tan necesario como é ter un médico que te poda consultar cando te atopas mal.  Dende o ano 2020 a Sanidade caeu en picado,  os traballadores da Administración Pública deixan moito que desear, hai moito deixadismo pola sua parte, moita x
Hola a todo o mundo, pensó que lle pasa a todo o mundo,necesitaba unha cita con meu médico de cabeceira e fun a ventanilla queixarme e dixeronme “que tiña a axenda ocupada e que se tiña moito dolor que fora por urxencias “polo que non me pareceu ben,porque por urxencias non me iban arreglar nada.
Isto xa non ten pés nin cabeza. Case 2 semanas de espera para unha consulta por enfermidade. E a situación vai cada vez a peor. Cupos médicos que están totalmente desequilibrados. Unhos teñen a metade de cartillas que outros. E non creo que o futuro centro integral de saúde da avenida do Balneario vaia solucionar o asunto.

Deportes

Jordan adiantou aos verdes, que despois tiveron varias ocasións para sentenciar o partido, sobre todo na primeira parte, tamén na segunda, incluidos dous goles anulados por suposto fora de xogo, pero xa se sabe, a can flaco todo son pulgas.
O estadio zamorano presenciou un partido no que o Arenteiro foi dominador no xogo en gran parte dos 98 minutos, pero que regresa de baleiro a O Carballiño.

Páxinas